ADULT patient questionnaire

Do 27 de outubro ao 1 de novembro
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
1. NOTA INFORMATIVA DA REUNIÓN DO COMITÉ INTERCENTROS DO PERSOAL LABORAL
DA XUNTA DE GALICIA E DA MESA XERAL DE EMPREGADOS PÚBLICOS - EGAP, 31 DE
OUTUBRO
2. ORDE PARA O RECOÑECEMENTO DO COMPLEMENTO SALARIAL DE ANTIGÜEDADE
PARA O PERSOAL LABORAL TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA
3. NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA NA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
4. LISTAS DE CONTRATACIÓN NA XUNTA DE GALICIA - DECRETO 37/2006
5. PACTO DE CONTRATACIÓN NO SERGAS
6. DATOS SOBRE XUBILACIÓNS PARCIAIS DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA
7. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
8. OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE GALICIA
9. OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
10. CONVOCATORIA DE CURSOS E PROBAS DE CODIX
11. BOLSAS DE FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN
12. OUTRAS NOVAS DE INTERESE
13. EXAMEN DE PRODUCTIVIDAD A LOS FUNCIONARIOS CADA AÑO PARA CALCULAR SU
SUELDO
14. DATOS EPA. LA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA SIGUE PERDIENDO TRABAJADORES...
15. EL DEBATE SOBRE EL TRABAJO DE LOS FUNCIONARIOS
-1-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
1. NOTA INFORMATIVA DA REUNIÓN DO COMITÉ INTERCENTROS DO PERSOAL LABORAL DA
XUNTA DE GALICIA E DA MESA XERAL DE EMPREGADOS PÚBLICOS - EGAP, 31 DE OUTUBRO
1. Proxecto de orde polo que se ditan normas relativas ao recoñecemento do complemento
salarial de antigüidade ao persoal laboral temporal ao servizo da Administración da
Comunidade Autónoma de Galicia.
- Dende CSI•F levamos instando e denunciando continuamente o recoñecemento deste dereito de
conformidade co establecido polo Tribunal de Xustiza da Unión Europea na súa sentenza de 22 de
decembro de 2010.
- Así, entendemos imprescindible esta
execución.
regulación pero denunciamos a tardanza na súa proposta e
- No referido ao contido da proposta de orde, dende CSI•F presentamos as seguintes alegacións:
Respecto do artigo 1, no referido aos servizos prestados:
Recóllese nesta proposta que para os efectos desta orde, teranse en conta tanto os servizos prestados na
Administración Autonómica como en calquera outra Administración Pública. Non obstante, no ámbito de
aplicación do EBEP, inclúese tamén ao resto do sector público. Por tal motivo e en consecuencia,
entendemos que estes efectos deben facerse extensivos do mesmo xeito aos servizos prestados como
empregado público no resto do sector público autonómico e/ou estatal.
Respecto do artigo 2, no que atinxe á acreditación do interesado dos servizos prestados non
incluídos no ámbito de aplicación do vixente Convenio Colectivo:
Recóllese neste artigo que a consellería/organismo expedirá o correspondente certificado conforme o
modelo anexo. Solicitamos que se nos facilite o referido modelo de anexo para o seu estudo e valoración.
Asemade, solicitamos que o referido certificado sexa tamén expedido ao interesado, polo que facemos a
seguinte proposta de redacción “ Esta consellería/organismo expedirá o correspondente certificado
conforme o modelo anexo, que deberá remitir á Dirección Xeral de Función Publica para proceder ao seu
recoñecemento xunto cunha copia desta ao propio interesado”.
Respecto do artigo 3, no referido aos servizos prestados noutras AA.PP:
Falla de novo a documentación que se nos aporta para a valoración desta proposta, pois o modelo de
anexo referenciado neste artigo (igual que ocorría no artigo 1) non nos foi facilitado, polo que solicitamos
tamén a súa inclusión.
Igualmente, solicitamos que se recolla neste artigo que a conformidade destes servizos prestados sexa
facilitado tamén ao solicitante e non só á D.X da Función Pública en termos análogos á proposta que
realizamos para o artigo 2.
Respecto do artigo 5, no referido ao recoñecemento e/ou perfeccionamento dos trienios:
Entendemos que compre establecer unha aclaración respecto dos servizos prestados como funcionario
dado a diferenza na contía que pode existir en función do grupo ou corpo dende o que se perfeccione. Por
tal motivo, entendemos que se debe engadir un novo parágrafo que resposta esta casuística (proposta):
“Con respecto dos trienios que puidesen perfeccionarse como funcionario, a súa contía será a
correspondente ao grupo ou corpo ao que pertencía o funcionario no momento do seu cumprimento”.
-2-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
Respecto da Disposición Adicional, no referido aos efectos económicos:
Dende CSI•F entendemos que os empregados públicos non son os culpables de que a Administración non
procedese ao recoñecemento e ao devengo destes dereitos económicos de conformidade co establecido
polo Tribunal de Xustiza da UE. Por tal motivo, solicitamos que os efectos económicos deste
complemento se recoñezan dende o momento que xurdise o dereito a súa percepción e non
dende o ano anterior á súa solicitude.
Respecto da Disposición Final, no referido a súa entrada en vigor:
Solicitamos mudar a entrada en vigor de “aos vinte días da súa publicación” por “dende o día seguinte da
súa publicación”, pois non entendemos que se demore aínda máis a regulación deste dereito.
2. Proposta de modificación da RPT da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación
Universitaria.
Dende CSI•F instamos á Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que retire/suprima
esta proposta de modificación da RPT baseada única e exclusivamente na amortización de 16 postos de
traballo debido á necesidade de facer efectiva a aplicación do artigo 25 da Lei 2/2013, do 27 de febreiro,
de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2013 (amortización das prazas que
non teñan dotación orzamentaria) xa que no seu momento non se puido facer efectiva debido a que
moitas das prazas que cumprían con esta condición atopábanse inmersas no concurso de traslados de
funcionarios ou laborais.
A aplicación dos preceptos recollidos na Lei de Orzamentos teñen carácter anual polo que, en concreto, o
artigo 25 referido perdeu a súa vixencia (esta caduco). En consecuencia, entendemos que esta proposta é
nula motivo polo que instamos a súa retirada.
2. ORDE PARA O RECOÑECEMENTO DO COMPLEMENTO SALARIAL DE ANTIGÜEDADE PARA O
PERSOAL LABORAL TEMPORAL DA XUNTA DE GALICIA
A Dirección Xeral da Función Pública facilitounos as normas relativas ao complemento salarial de
antigüidade do persoal laboral da Xunta de Galicia que ten como obxectivo recoñecer os trienios para o
persoal temporal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia ademais dos servizos prestados
na propia Administración autonómica como en calquera outra Administración Pública.
-3-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
Esta orde será complementaria a Orde da Consellería de Presidencia, Relacións Institucionais e
Administración Pública do 6 de agosto de 2003, dítanse as normas sobre o recoñecemento do
complemento salarial de antigüidade a o persoal laboral temporal ao servizo da Xunta de Galicia así como
a Orde que modifica a anterior do 21 de febreiro de 2008, co fin de mellorar o procedemento e axilizar a
tramitación correspondente.
O recoñecemento do complemento salarial ven motivada polas distintas sentenzas do Tribunal Europeo,
Tribunal Supremo e numerosas Sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que recoñecen o
dereito dos traballadores temporais a percibir retribucións en concepto de antigüidade ao persoal laboral
temporal que presta servizos na Admon. da Xunta de Galicia incluído no ámbito do convenio colectivo
único do persoal laboral da Xunta de Galicia, e recoñecerlle para estes efectos os servizos prestados en
calquera Administración Pública.
Orde de ---- de outubro de 2014, pola que se ditan normas relativas ao recoñecemento do
complemento salarial de antigüidade do persoal laboral temporal ao servizo da Administración
da Comunidade Autónoma de Galicia.
Artigo 1.En aplicación do disposto no artigo 26.1 do V convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de
Galicia, o persoal laboral temporal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia que estea
prestando servizos nesta Administración, recoñeceránselle os trienios correspondentes por cada tres anos
de servizos prestados. Pra estes efectos, teranse en conta tantos os servizos prestados na Administración
autonómica como en calquera Administración Pública.
Artigo 2.Os trienios serán recoñecidos de oficio pola Dirección Xeral da Función Pública, sen que sexa necesario
presentar unha petición expresa por parte dos interesados.
Non obstante, os servizos prestados na Administración da Comunidade Autónoma non incluídos no ámbito
do vixente Convenio Colectivo (servizos como funcionario interino, Sergas...) deberán ser acreditados
expresamente polo interesado ante a unidade administrativa de persoal da Consellería/organismo ode
estea destinado actualmente para proceder a súa validación. Esta consellería/organismo expedirá o
correspondente certificado conforme o modelo anexo, que deberá remitir a Direción Xeral da Función
Pública para proceder ao seu recoñecemento.
Artigo 3.Para aquelas persoas que prestasen servizos noutras administracións públicas e estean desempeñando un
posto de traballo como persoal laboral temporal nesta Administración, deberán presentar certificación
orixinal conforme ao modelo anexo, dos servizos prestados asinada polo órgano competente na unidade
administrativa de persoal da consellería/organismo donde estean destinados actualmente.
Esta consellería/organismo, á vista do/s certificado/s prestado/s polo interesado, deberá dar a súa
conformidade antes de remitilos á Dirección Xeral da Función Pública, para o seu recoñecemento no caso
de que proceda.
Artigo 4.A dirección xeral da Función Pública recoñecerá o trienio que proceda de conformidade cos servizos
prestados polo/a traballador/a, que se acumularán por orde cronolóxica. Ningún período de tempo poderá
computarse máis dunha vez.
O/s período de tempo non computados para o recoñecemento dun trienio teranse en conta pola Dirección
xeral da Función Pública para a súa acumulación ao/s seguinte/s período/s en que preste servizos a
persoa, de ser o caso.
-4-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
Artigo 5.Para o recoñecemento dos trienios, os servizos prestados a tempo parcial computaranse como se o fosen
a tempo completo, e a remuneración será proporcional á establecida para os/as traballadores/as a
xornada completa. Na credencial de recoñecemento do trienio, figurará á persoa na data en que o
perfeccione, con independencia de que durante o resto do período a xornada laboral fose distinta. Os
trienios perfeccionados a tempo parcial percibiranse sempre nesa contía.
Os servizos prestado nun posto clasificado como descontinuo na relación de postos de traballo
computarase como se prestasen todo o ano (12 meses), e a remuneración será proporcional ao tempo
traballado.
Na credencial de recoñecemento do trienio figurará a porcentaxe da contía do trienio ordinario no caso de
que o trienio se perfeccionase ocupando un posto dos clasificados como descontinuos. Os trienios
perfeccionados baixo esta modalidade percibiranse sempre nesa contía.
Disposición Adicional.Os efectos económicos do complemento de persoal de antigüidade que se recoñece en aplicación do
disposto nesta Orde terá lugar a partir da data da solicitude que presente o interesado acreditando os
servizos correspondente, procedente a regularizarse as súas retribucións e a satisfacer aquelas cantidades
devengadas durante o ano anterior á solicitude do interesado, en concepto de antigüidade, en virtude do
disposto no artigo 59.2 do texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, aprobado polo Real
Decreto Lexislativo 171995, do 24 de marzo.
Disposición Derrogatoria.Quedan derrogadas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao establecido nesta orde.
Disposición Final.Esta orde entrará en vigor aos vinte días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e manterá a súa
vixencia en tanto non se dispoña expresamente a súa derrogación, coa salvedade daqueles extremos que
deveñan inaplicables por contravir normas de rango superior
Conselleira de Facenda.
3. NOVAS DE FUNCIÓN PÚBLICA NA ADMINISTRACIÓN DA XUNTA DE GALICIA
Orde do 10 de outubro de 2014 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso
selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de
arquitectos/as.
Orde do 13 de outubro de 2014 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso
selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de
Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais.
Resolución do 22 de outubro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo extraordinario
de consolidación para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala
de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia
número 122, do 28 de xuño) pola que se dá publicidade a diversos acordos.
-5-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
Orde do 13 de outubro de 2014 pola que se amplía o prazo de realización do terceiro exercicio do proceso
selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de
enxeñeiros/as industriais.
Resolución do 22 de outubro de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o
ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as
industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de
xuño), pola que se dá publicidade a diversos acordos.
Orde do 10 de outubro de 2014 pola que se amplía o prazo de realización do quinto exercicio do proceso
selectivo para o ingreso no corpo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de estatísticos/as.
4. LISTAS DE CONTRATACIÓN NA XUNTA DE GALICIA - DECRETO 37/2006
Resolución do 22 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da
Función Pública, pola que se fan públicas as listas provisionais
para o desempeño transitorio de postos reservados a persoal
funcionario e a contratación temporal do persoal laboral da Xunta
de Galicia, regulado no Decreto 37/2006, do 2 de marzo.
Os interesados disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da
publicación desta resolución no DOG, para presentar reclamacións ante a Comisión Permanente
Central (Dirección Xeral da Función Pública, Consellería de Facenda, Edificio Administrativo San Caetano,
s/n, Santiago de Compostela).
Xunto coas ditas reclamacións, achegarase, de ser o caso:

Documentación precisa para emendar a causa de exclusión.

Certificación de servizos prestados na Xunta de Galicia no mesmo grupo, categoría, corpo ou escala,
segundo o modelo que figura como anexo III desta resolución. A certificación será expedida polas
unidades seguintes: Servizos Centrais e Servizos Periféricos

Certificación de servizos prestados en concellos ou mancomunidades de municipios da Comunidade
Autónoma de Galicia na mesma categoría, categorías análogas ou asimilables ás categorías adscritas
aos servizos de prevención e defensa contra incendios forestais da Administración da Xunta de Galicia
e do Pladiga. A certificación axustarase ao modelo que figura como anexo IV da presente resolución e
deberá ser asinada pola/o secretaria/o do concello.
No suposto de que algún dos solicitantes provisionalmente excluído non presente a documentación
necesaria para emendar a causa de exclusión, quedará definitivamente excluído.
A partir da publicación desta resolución no DOG, tanto os solicitantes provisionalmente admitidos como os
provisionalmente excluídos poderán presentar solicitude de suspensión de chamamentos de conformidade
co establecido no artigo 15.2. do Decreto 37/2006.
O modelo de solicitude encóntrase á disposición dos interesados na páxina web da Xunta de Galicia
www.xunta.es, na epígrafe Función Pública-Listas de contratación temporal.
Unha vez transcorrido o prazo para formular alegacións, levaranse a cabo as emendas procedentes, e
daráselle publicidade ás listas definitivas no DOG.
-6-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
5. PACTO DE CONTRATACIÓN NO SERGAS
SERGAS - DOG, 29 DE OUTUBRO
Resolución do 21 de outubro de 2014, da Dirección Xeral de Recursos
Humanos, pola que se publica a orde de prelación e puntuación
definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas para
a formalización de nomeamentos estatutarios temporais en diversas
categorías de xestión e servizos.
Aprobar a orde de prelación e puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas nas listas
para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Servizo Galego de Saúde e
entidades adscritas á Consellería de Sanidade nas categorías do grupo técnico da función administrativa,
grupo de xestión da función administrativa e enxeñeiro/a técnico/a.
As listas co número de orde e puntuación definitiva obtidos polas persoas aspirantes admitidas nas
categorías citadas están publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo
Galego de Saúde (www.sergas.es). Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a
aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer
recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa
publicación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido
nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contenciosoadministrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición, ante
este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación.
As listas entrarán en vigor con efectos do 31 de outubro de 2014. Resultarán de aplicación aos
chamamentos que se efectúen a partir da dita data as normas de xestión contidas no pacto sobre
selección de persoal estatutario temporal aprobado pola Resolución do 26 de abril de 2011 (Diario Oficial
de Galicia nº 89, do 9 de maio).
6. DATOS SOBRE XUBILACIÓNS PARCIAIS DO PERSOAL LABORAL DA XUNTA DE GALICIA
Achegamos os datos actualizados sobre as xubilacións parciais do Persoal Laboral da Xunta de Galicia
facilitados pola Administración:
SETEMBRO
15
Data efectos
Vicep. e C. Presidencia...
C. Cultura, Educación e O.U.
2
C. Economía e Industria
C. Medio Ambiente
C. Medio Rural e do Mar
C. Sanidade
C. Traballo e Benestar
TOTAL
2
Total solicitudes tramitadas dende o inicio: 294
6
2
OUTUBRO
14
21
27
1
2
1
2
3
1
1
4
1
9
3
11
NOVEMBRO
3
4
17
1
1
1
1
1
1
1
1
3
3
1
2
2
TOTAL
3
6
2
5
7
2
7
32
-7-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
7. OFERTAS PÚBLICAS DE EMPREGO NA ADMINISTRACIÓN DO ESTADO
MINISTERIO DE HACIENDA Y
OUTUBRO
Resolución de 13 de octubre de
Administración Tributaria, por la
por los sistemas de acceso libre
Hacienda.
ADMINISTRACIONES PÚBLICAS - BOE, 30 DE
2014, de la Presidencia de la Agencia Estatal de
que se convocan procesos selectivos para ingreso
y de promoción interna, en el Cuerpo Técnico de
MINISTERIO DE HACIENDA Y ADMINISTRACIONES PÚBLICAS - BOE, 31 DE OUTUBRO
Resolución de 27 de octubre de 2014, de la Autoridad Independiente de Responsabilidad Fiscal, por la que
se convoca proceso selectivo para cubrir plazas de personal laboral.
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE - BOE, 30 DE OUTUBRO
Orden ECD/1979/2014, de 20 de octubre, por la que se convoca proceso selectivo para acceso por el
sistema de promoción interna, al Cuerpo de Ayudantes de Archivos, Bibliotecas y Museos.
MINISTERIO DE EDUCACIÓN, CULTURA Y DEPORTE - BOE, 30 DE OUTUBRO
Orden ECD/1980/2014, de 20 de octubre, por la que se convoca proceso selectivo para acceso por el
sistema de promoción interna, al Cuerpo Facultativo de Archiveros, Bibliotecarios y Arqueólogos.
PLAZOS DE LAS CONVOCATORIAS:
20 días naturales a partir del día siguiente al de la publicación de la convocatoria en el BOE.
8. OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO NA ADMINISTRACIÓN LOCAL DE GALICIA
CONCELLO DE ABEGONDO - DOG, 20 DE OUTUBRO
Anuncio da publicación de prazas de persoal laboral. Por Resolución da Alcaldía, do 21 de novembro de
2013, foi aprobada a contratación das seguintes prazas: axente de emprego e desenvolvemento
local; celador polideportivo; conserxe de colexio, de réxime laboral fixo, convocadas mediante
concurso-oposición, por consolidación de emprego.
No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 228, do 29 de novembro de 2013,
integramente publicadas as bases da convocatoria para a provisión.
aparecen
CONCELLO DE BETANZOS - BOP DA CORUÑA, 20 DE OUTUBRO
Bases da convocatoria para a selección de un técnico/a de orientación laboral.
REQUISITOS: Estar en posesión do título de diplomatura universitaria ou superior das relacionadas na
base 6.ª da presente convocatoria.
PRAZO:O prazo de presentación de instancias é de cinco días hábiles seguintes aos desta publicación.
CONCELLO DE CANGAS - BOP DE PONTEVEDRA, 29 DE OUTUBRO
O 22 de outubro de 2014 aprobáronse por resolución de Alcaldía a convocatoria e as bases para a
contratación laboral temporal dun/ha pedagogo/a ou psicopedagogo/a, dun/ha fisioterapeuta e
dun/ha mestre/a especialista en audición e linguaxe, pedagoxía terapéutica ou educación
especial, que estarán afectos ó servizo “Aula de Estimulación de Nenos/as” para o curso 2014/15.
-8-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
As bases do proceso selectivo poderán consultarse na páxina web do Concello www.cangas.org.
O prazo de presentación de instancias para participar no proceso selectivo é de 10 días naturais a contar
desde o día seguinte á publicación deste anuncio no BOP.
CONCELLO DA CORUÑA - DOG, 29 DE OUTUBRO
Anuncio polo que se declara deserto o posto de xefe do corpo da Policía Local. Con data do 19 de maio
de 2014, convocouse o proceso para a provisión, polo sistema de libre designación, do posto de traballo
de xefe do corpo da Policía Local do Concello da Coruña (Diario Oficial de Galicia núm. 143, 30 de xullo de
2014).
Por Decreto da Alcaldía-Presidencia, do 16 de setembro de 2014, resolveuse o seguinte: Declarar deserto
o posto de xefe do corpo da Policía Local do Concello da Coruña, de conformidade coa normativa vixente e
nos termos recollidos por xurisprudencia do Tribunal Constitucional e Supremo.
CONCELLO DE FERROL - BOP DA CORUÑA, 20 DE OUTUBRO
Bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, con carácter interino, dunha praza de
(1) técnica de administración especial, encadrada na Escala de Administración Especial, Subescala
Técnicos Superiores, clasificadas no grupo “A1” que dará cobertura ao posto de traballo denominado
“Asesora Xurídica” no Negociado de Igualdade. O sistema de provisión é de concurso - oposición en
quenda libre.
REQUISITOS:
Estar en posesión do título de Licenciada en Dereito.
PRAZO:
20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da BOE.
CONCELLO DE FERROL - BOP DA CORUÑA, 20 DE OUTUBRO
Bases específicas reguladoras da convocatoria para a provisión, con carácter interino, dunha praza de (1)
peón encadrada na Escala de Administración Especial, Subescala Servicios Especiais, Persoal de Oficios
clasificadas no grupo “E”. O sistema de provisión é de concurso - oposición en quenda libre.
REQUISITOS:
Estar en posesión do Certificado de Escolaridade.
PRAZO:
20 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da BOE.
DEPUTACIÓN DE OURENSE - BOP DE OURENSE, 31 DE OUTUBRO
Aprobación da oferta de emprego público para o ano 2014.
Prazas por promoción interna vertical do cadro funcionarial:
- 1 Administrativo de administración xeral. Promoción interna vertical. Concurso-oposición.
- 2 Auxiliares de administración xeral. Promoción interna vertical. Concurso-oposición.
Convocatoria para a contratación laboral temporal polo procedemento especial de urxencia dun monitor
deportivo especialista en clases de ciclismo de interior, clases colectivas e monitor de sala cardio e pesas
para o Pazo de Deportes “Paco Paz”
O prazo para a presentación de instancias é de cinco días naturais contados desde o seguinte ao da
publicación deste anuncio no BOP.
-9-
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
9. OFERTAS DE EMPREGO PÚBLICO NA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Resolución do 17 outubro de 2014 pola que se convoca concurso público para a
contratación de persoal docente e investigador (DOG, 29 de outubro).
REQUISITOS DE CARÁCTER XERAL E ESPECÍFICO:
Xeral: Ser titulado universitario ou estar en posesión do título concreto (ou
equivalente), cando se requira, ou da certificación supletoria correspondente.
Específico: están recollidos no anexo V para cada tipo de praza.
SOLICITUDES E PRAZO:
Quen desexe participar nesta convocatoria deberá facelo constar na instancia(unha instancia por cada
concurso no que se desexe participar) que se axustará ao modelo anexo II que se atopa no enderezo
electrónico http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/solicitudes.html
O prazo de é de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte á data da publicación desta
convocatoria no (DOG).
Resolución do 17 de outubro de 2014 pola que se convoca concurso público para a contratación de persoal
docente e investigador polo procedemento de urxencia (DOG, 29 de outubro).
REQUISITOS:
Ser titulado universitario ou estar en posesión da certificación supletoria correspondente.
SOLICITUDES E PRAZO:
Quen desexe participar nesta convocatoria deberá facelo constar na instancia que se axustará ao modelo
anexo II que se atopa no enderezo electrónico
http://www.usc.es/gl/servizos/profesorado/prazasabertas/solicitudes.html
O prazo de é de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte á data da publicación desta
convocatoria no (DOG).
10. CONVOCATORIA DE CURSOS E PROBAS DE CODIX
AMTEGA - DOG, 30 DE OUTUBRO
Resolución do 24 de outubro de 2014 pola que se convoca o programa
de autoformación para a obtención da certificación galega de
competencias dixitais en ofimática e probas de avaliación de
carácter libre.
Os interesados que desexen participar nesta convocatoria dispón de dúas opcións, compatibles entre elas
pero independentes unha da outra. Por unha banda, pode acceder aos contidos das actividades sen máis
trámite que o de inscribirse como usuario/a na rede CeMIT, tal e como se prevé no anexo I. Por outra
banda, pode solicitar presentarse ás probas de avaliación presenciais que ofrecen a posibilidade de
acreditar as capacidades, destrezas e coñecementos que dan dereito a obter o certificado de equivalencia
regulado polo Decreto 218/2011, do 17 de novembro, e cuxas bases establécense no anexo II. Por tanto,
o acceso aos contidos non implica a obriga de presentarse ás probas de avaliación, nin é tampouco un
- 10 -
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
requisito para matricularse nelas. A pesar diso, só as persoas que se matriculen nestas probas de
avaliación presencial e as superen teñen dereito á certificación de competencias dixitais en ofimática.
PARTICIPANTES:
Poden participar na proba de avaliación presencial recollida no artigo 6.1 do Decreto 218/2011, do 7 de
novembro, polo que se regula a certificación galega de competencias dixitais en ofimática, todas aquelas
persoas maiores de 16 anos, ou que os fagan antes da finalización do prazo de inscrición, inscritas como
usuarios/as da rede CeMIT.
PRAZO:
Unha vez obtidas as credenciais de usuario/a da rede CeMIT, a inscrición para o acceso aos contidos pod e
facerse en calquera momento a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG na aula
virtual de CeMIT http://cemit.xunta.es/ema, categoría «Autoformación»-«CODIX Ofimática», clave de
automatriculación «codix 2014».
O prazo para a inscrición será de 7 días naturais a partir do seguinte ao da publicación desta resolución
no DOG. A inscrición poderá realizarse ata as 14.00 horas da data de finalización do prazo de presentación
de solicitudes
AS ACTIVIDADES DO PROGRAMA DE AUTOFORMACIÓN son as seguintes:
Aplicacións informáticas de tratamento de textos: LibreOffice Writer, 30 hrs.
Aplicacións informáticas de follas de cálculo: LibreOffice Calculo, 50 hrs.
Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais: LibreOffice Base, 50 hrs.
Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información: LibreOffice Impress, 30 hrs.
Sistema operativo, procura da información: internet/intranet e correo electrónico, 30 hrs.
11. BOLSAS DE FORMACIÓN E INVESTIGACIÓN
CONVOCATORIA
ORGANO
MINISTERIO
DE EDUCACIÓN
Y CULTURA
BOE, 31 DE
OCTUBRE
Resolución de 20 de octubre de 2014, del Museo Nacional
Centro de Arte Reina Sofía, por la que se convocan becas de
investigación, coordinación- formación y formación en
materias y actividades competencia de este organismo para
el año 2014.
PRAZOS
15 DÍAS
NATURALES
PDF (BOE-A-2014-11199 - 17 págs. - 357 KB)
12. OUTRAS NOVAS DE INTERESE
MINISTERIO DE HACIENDA Y AA.PP. - BOE, 27 DE OCTUBRE.
Orden HAP/1949/2014, de 13 de octubre, por la que se regula el Punto de
Acceso General de la Administración General del Estado y se crea su sede
electrónica.
- 11 -
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
JEFATURA DEL ESTADO - 30 DE OUTUBRO
Ley Orgánica 6/2014, de 29 de octubre, complementaria de la Ley de
reconocimiento mutuo de resoluciones penales en la Unión Europea, por la
que se modifica la Ley Orgánica 6/1985, de 1 de julio, del Poder Judicial.
JEFATURA DEL ESTADO - 30 DE OUTUBRO
Ley 20/2014, de 29 de octubre, por la que se delega en el Gobierno la
potestad de dictar diversos textos refundidos, en virtud de lo establecido en el
artículo 82 y siguientes de la Constitución Española.
MINISTERIO DE EMPLEO Y SEGURIDAD SOCIAL - BOE, 1 DE NOVEMBRO
Orden ESS/2003/2014, de 29 de octubre, por la que se fijan para el ejercicio
2014 las bases normalizadas de cotización a la Seguridad Social, por
contingencias comunes, en el Régimen Especial de la Seguridad Social para la
Minería del Carbón.
REFERENCIA CONSEJO DE MINISTROS - 31 DE OCTUBRE
Ministerio Hacienda y Administraciones Públicas
Real Decreto por el que se aprueba el Estatuto del Consejo de Transparencia y
Buen Gobierno.
Ministerio de Justicia
CREADAS 282 NUEVAS PLAZAS DE JUECES Y MAGISTRADOS
Se distribuyen en 112 plazas de magistrado en órganos colegiados, 167 de
juez de adscripción territorial y 3 nuevos juzgados de lo penal.
CONSELLERÍA DE FACENDA - DOG, 31 DE OUTUBRO
Resolución do 15 de outubro de 2014 pola que se publica o estado de
execución do orzamento da Comunidade Autónoma e as súas modificacións, e
a situación da tesouraría e movementos por operacións orzamentarias e
extraorzamentarias correspondentes ao segundo trimestre de 2014.
REFERENCIA DO CONSELLO DA XUNTA - 30 DE OUTUBRO
VICEP. E CONS. DE PRESIDENCIA, AA.PP. E XUSTIZA
Acordo polo que se aproban as Directrices de técnica normativa
DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA - BOP DE PONTEVEDRA, 30 DE OUTUBRO
Modificación da RPT da Deputación 2014.
13. EXAMEN DE PRODUCTIVIDAD A LOS FUNCIONARIOS CADA AÑO PARA CALCULAR SU
SUELDO
EL GOBIERNO TIENE UN PLAN PARA VALORAR EL RENDIMIENTO DE DOS MILLONES DE
EMPLEADOS PÚBLICOS. QUEDAN EXCLUÍDOS LOS CARGOS DE CONFIANZA.
AFECTARÍA A POLICÍAS, MÉDICOS, PROFESORES, MILITARES...
Los funcionarios tendrán que pasar un examen de productividad cada año que evalúe su
rendimiento para determinar posteriormente una subida de su sueldo. Afectará a todos los
sectores: policías, médicos, profesores, militares... Pero quedarán excluidos de esta prueba los
cargos de confianza nombrados a dedo.
“Las subidas salariales sin más van en contra de la filosofía de desindexación que aprobó en su día el
Gobierno por ley”, aseguró hace dos semanas el secretario de Estado de Administraciones Públicas,
Antonio Beteta, en una entrevista con el diario Expansión.
- 12 -
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
El Gobierno abría así la puerta a negociar con los sindicatos que las futuras subidas salariales de los
empleados públicos dejen de estar ligadas a la inflación y pasen a depender de otros componentes como
la productividad y la competitividad.
EXAMEN ANUAL A TODOS LOS FUNCIONARIOS
Según ha sabido El Confidencial Digital de fuentes conocedoras de los
planes del Gobierno, el ministro de Hacienda, maneja ya un informe
elaborado por expertos en Función Pública sobre este asunto.
Una de las conclusiones que contempla es realizar una prueba anual
a todos los funcionarios que determine la parte variable de su
sueldo.
Se pretende implantar una evaluación del desempeño que premie “a
quienes efectivamente trabajen más y sean más productivos”
El establecimiento de estos incentivos provocaría, igual que ocurre ya en la empresa privada, que dos
funcionarios que están en el mismo puesto ganen cantidades diferentes en función de su
rendimiento.
PRUEBA ESPECÍFICA PARA CADA SECTOR
Serán evaluados los casi 2,5 millones de funcionarios, lo que incluye a interinos y a personal laboral.
Pero no está contemplado, en el borrador que maneja el Gobierno, que el personal eventual (cargos
de confianza) sean sometidos por el momento a estas pruebas.
La idea es, además, que el examen no se realice de forma universal. Habrá modelos diferentes para
cada uno de los sectores: Sanidad, Educación, Fuerzas y Cuerpos de Seguridad del Estado... Se tiene
en cuenta que cada colectivo tiene sus propios objetivos y sistema de funcionamiento.
OBJETIVOS ACORDADOS CON LOS EMPLEADOS
Las fuentes a las que ha tenido acceso ECD explican que el Ejecutivo tiene también previsto cómo evitar
la arbitrariedad en estos exámenes para convencer a los sindicatos de que no se trata de unas
pruebas subjetivas.
Hacienda planea que el responsable de cada departamento fije a principios de año unos objetivos
comunes a toda la sección y otros individuales para cada trabajador en función de su nivel de
responsabilidad.
Se tratará de parámetros concretos, medibles y orientados a resultados, que serán consensuados con
los propios trabajadores antes de ser aprobados. Se plantea, por ejemplo, implantar programas
informáticos de seguimiento que controlen el tiempo que tarda un funcionario en tramitar un expediente
administrativo. | "El Confidencial Digital"
14. DATOS EPA. LA ADMINISTRACIÓN PÚBLICA SIGUE PERDIENDO TRABAJADORES...
El empleo público volvió a caer en el tercer trimestre del año, esta vez un 0,13%. El sector público
acumula un ajuste de 17.700 puestos de trabajo en el último año (-0,6%), mientras que el privado ha
creado 291.600 empleos (+2%). En total, los asalariados públicos sumaban 2.925.600 al finalizar
septiembre.
Todos los empleos creados entre julio y septiembre pertenecían al sector privado, que registró un avance
de la ocupación de 154.900 personas (+1,07%), mientras que el empleo público se redujo en este
- 13 -
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
trimestre en 3.900 personas (-0,13%), según se extrae de la Encuesta de Población Activa que publica
hoy el Instituto Nacional de Estadística (INE).
Al acabar septiembre en España había un total de 2.925.600
trabajadores públicos, frente a los 14.578.400 trabajadores del
sector privado.
Desde que en enero de 2013 ya se reflejara la primera caída
del empleo público durante la crisis económica fruto de los
recortes realizados en las administraciones públicas, el empleo
público no ha dejado de caer.
La caída del empleo en el sector público (-0,13% y la subida en
el privado (1,07%) consolida la tendencia interanual (-0,6% en
el público y 2,04% en el privado).
En contra de la tendencia general, la ocupación en nuestras administraciones públicas desciende, tanto a
nivel trimestral (3.900 ocupados menos), como respecto al año pasado (17.700 personas menos).
"Estos datos indican que el Gobierno está dejando a los empleados públicos al margen de la incipiente
recuperación económica y de la creación de empleo, situando nuestras plantillas a niveles de 2004",
resalta el sindicato CSIF.
"Esto se traduce en primer lugar en un deterioro de nuestros servicios públicos puesto que los españoles
disponen de menos profesionales sanitarios, menos docentes, policías, bomberos o personal
administrativo para tramitar sus prestaciones.
15. EL DEBATE SOBRE EL TRABAJO DE LOS FUNCIONARIOS
El diario lainformacion.com abre un debate sobre el trabajo de por vida de los funcionarios (que mal suena
eso, parece que estemos condenados, quizá sí). En este artículo hace una comparativa con los países de
nuestros entorno, sobre si realmente está sobredimensionado, comparando ratios de número de
funcionarios por habitante, peso del sector público, salarios, condiciones laborales, con unos resultados
que para los que sufrimos a diario el desprestigio de gran parte de los medios de comunicación, del
Gobierno y de parte de la sociedad, no dejan de ser sorprendentes, ya que reflejan la realidad: los
funcionarios en España ni son muchos, ni tienen condiciones laborales privilegiadas.
Cuando la economía va mal, expertos, algunos políticos y determinados empresarios señalan de inmediato
al sector público como responsable último de muchos de los males y de ser un freno para salir adelante,
fundamentalmente por el elevado gasto que implica mantenerlo, que impide darse otros caprichos como,
por ejemplo, la bajada de impuestos.
El pasado lunes y a raíz de unas declaraciones del presidente del Comité de Presupuestos del Círculo de
Empresarios, volvió a surgir el debate del trabajo de por vida de los empleados públicos, una
excepcionalidad que, sin embargo, afecta desde 2012 solo a los 1,6 millones de funcionarios de carrera.
Se insiste en que hay muchos funcionarios y que, sobre todo, existen demasiados frenos para su
reorganización. Por último, se afirma que el sector público está sobredimensionado y que hay más
empleados públicos que en los países de nuestro entorno.
¿Pero qué hay de cierto en esos tópicos? ¿Hay más funcionarios que Francia, Alemania y Gran Bretaña?
¿Se paga más a los funcionarios que al resto de los trabajadores?. En Alemania, hay un empleado público
por cada 29 habitantes y en Francia, uno por cada 27 habitantes. Mientras, en España, la proporción es de
uno por cada 36 habitantes. Si tenemos en cuenta todos los trabajadores públicos, España se convierte,
después de Austria, Portugal e Italia, en el país con la Administración más austera de la Unión Europea:
- 14 -
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
un empleado por cada 16 habitantes. En el extremo opuesto, reflejo del mayor desarrollo del Estado del
bienestar, figuran tres países nórdicos: Dinamarca, Suecia y Finlandia, con en torno a 25%.
En España el porcentaje de asalariados públicos ronda el 14% de la población activa, un porcentaje similar
al de los principales países europeos. En Alemania el porcentaje se sitúa en el 13%; en Italia en el 11%;
mientras que en el Reino Unido y Francia ronda el 16%, según Eurostat.
El peso del sector público en España es inferior a la media europea: mientras que aquí supone algo en
torno al 44-45% del Producto Interior Bruto (PIB), la media de los países de la zona del euro es del
50,9%. Además, en España ese porcentaje -que ha llegado a alcanzar el 47%- está inflado por el gasto en
prestaciones por desempleo y los intereses de la deuda.
España gastó en 2010 el 11,9% de su PIB para pagar la nómina de las personas empleadas en los
servicios públicos, en línea con la media europea, del 11,1%, y de la zona del euro, donde se gasta el
10,8%, según datos de Eurostat. Algunos países superan esas cifras, como Dinamarca, a la cabeza en
empleo público, con un gasto del 19%, pero también Francia, con el 13,4%. Otros países, como Alemania,
gastan el 7,9% de su PIB.
Parece que los datos se empeñan en decir lo contrario. Ya basta de mentiras y desprestigio. Los
funcionarios en España ni somos tantos ni cobramos tanto. Es más, somos especie en extinción gracias a
las políticas de tasa de reposición cero de los distintos gobiernos en España, al igual que con las bajadas y
congelaciones salariales. En esto no se diferencian lo más mínimo PSOE o PP. Hacen lo mismo. Abandonar
el sector público para tener la excusa perfecta para proceder a su privatización. CYM
- 15 -
DO 27 DE OUTUBRO AO 1 DE NOVEMBRO
- 16 -