LUNES, 10 DE OCTUBRE DE 2016 Nº 233 EXCMA. DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO SERVIZO DE CONTRATACIÓN E FOMENTO. UNIDADE DE OBRAS E PLANS Anuncio INFORMACION PUBLICA Conforme ao disposto no art. 32.4 do R.D.L. 781/1986 do 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido das disposicións legais vixentes en materia de Réxime Local, sométese a información pública por espazo de 10 días hábiles contados a partir do seguinte á publicación no B.O.P. deste anuncio, a rectificación de erros na transcrición do formulario modelo 1 A, polo que respecta á denominación das obras: nº 81 e nº 83 do Plan Provincial de Obras e Servizos de Competencia Municipal e de Estradas anualidade de 2016. Lugo, 27 de setembro de 2016. O PRESIDENTE, Darío Campos Conde . O SECRETARIO, Manuel Castiñeira Castiñeira. R. 2977 CONCELLOS BALEIRA Anuncio A Corporación Municipal do Concello de Baleira, Lugo, na sesión plenaria ordinaria do 06 de outubro de 2016, aprobou o expediente de transferencia de créditos entre diferentes partidas orzamentarias ( da partida 162-609 ás partidas 432-131,432-160 e 432-221) polo importe total de 20.000,00 euros segundo memoria incorporada ó expediente de referencia.Así mesmo acordou modifica-lo anexo de inversións. De conformidade co disposto no artigo 179 en relación co 169 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, o expediente sométese a información pública polo prazo de quince días hábiles mediante edictos no taboleiro de anuncios do Concello e no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, para os efectos de que durante o devandito prazo os interesados poidan examinalo e presentar reclamacións ante o Pleno. O expediente considerarase definitivamente aprobado si durante o mencionado prazo non se presentaran reclamacións; en caso contrario o Pleno disporá dun mes para resolvelas. Baleira, 06 de outubro do 2016.- O Alcalde, Angel Enrique Martínez-Puga López. R. 3031 BURELA Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 1599 de 27/09/2016 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura como funcionario/a interino/a dunha praza de Arquitecto Técnico: BASES DE SELECCIÓN PARA A COBERTURA DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO TÉCNICO COMO FUNCIONARIO INTERINO.1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección que se levará a cabo para a cobertura como funcionario interino dunha praza de Arquitecto Técnico incluída na Relación de postos de 2 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo traballo (RPT) deste Concello. (art. 10.1.a) do RD 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público). Características da praza: Grupo: A; subgrupo: A2 ; escala: Administración Especial ; subescala: Técnica; Nivel de complemento de destino: 26; código de identificación na RPT: 4001. As bases íntegras estarán a disposición dos/das interesados no Rexistro Xeral do Concello e publicaranse na sede electrónica (http://burela.sedelectronica.es). A praza referida está adscrita á Área de URBANISMO e as funcións que ten encomendadas son as seguintes: -Control de obras segundo as instrucións do xefe de área -Control de certificacións de obra (medicións e orzamentos) -Informes previos de recepción de obras -Control de calidade de materiais e execución -Control de prazos de execución -Control de seguridade e hixiene nas obras municipais -Suplencia do arquitecto técnico xefe de obras da área de mantemento e servizos cando sexa preciso -Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico As retribucións a percibir serán as correspondentes á praza convocada. 2.- REQUISITOS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES. a) Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. c) Estar en posesión da titulación académica de .Arquitecto Técnico o título de grao equivalente que habilite para o exercicio da profesión de arquitecto técnico, o estar en condiciones de obtelo na data en que remate o prazo de presentación de instancias. De selo caso, sinalarase a disposición legal que recoñeza a equivalencia ou acompañarase certificado expedido polo Organismo competente que a acredite . No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán posuír o documento que acredite fidedignamente a súa homologación. d) Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou eiva física que impida o desenvolvemento das funcións do cargo. e) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. f) Ter ingresada a cantidade fixada como dereitos de exame:30 euros. 3.-FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS Os/as interesados/as dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se acompaña como Anexo II a estas bases ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade ou nos lugares que determina o artigo 38.4 da LRJAP-PAC, no prazo de 10 días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo. Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. Cando se presenten en correos, deberá entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado de correos. Os/as aspirantes que presentasen a instancia en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da LRJAP-PAC, deberán remitir por fax ao Concello copia selada da instancia dentro do prazo de 10 días naturais sinalado anteriormente (nº de fax: 982 58 59 45). Sen a concorrencia de ambos requisitos non serán admitidas aquelas solicitudes que sexan recibidas no Concello fóra do prazo de presentación de instancias. 3 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución aprobando a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as (neste caso con indicación das causas que dean lugar á exclusión), que se fará pública na sede electrónica (https://burela.sedelectronica.es) e no Taboleiro de Edictos do Concello, exclusivamente. Ademais, en dita resolución fixaranse os titulares e os suplentes que conformarán o Tribunal Cualificador. Figurar na relación de admitidos non suporá que se lles recoñeza aos aspirantes estar en posesión dos requisitos esixidos nos procedementos que se convocan. Cando da documentación que debe presentarse logo de ter superado o procedemento de selección se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en tódolos dereitos que se puidesen derivar da súa participación nos procedemento de selección. Concederase un prazo improrrogable de 2 días hábiles para reclamacións á lista provisional e emenda de defectos, a contar dende o seguinte ao da súa publicación na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. Para os efectos de axilizar o procedemento, de non presentarse reclamacións dentro do prazo establecido ou se as alegacións non foran suficientes para a súa consideración, a resolución de admitidos/as e excluídos/as poderase entender elevada a definitiva, sen necesidade de nova publicación. As reclamacións sobre as exclusións provisionais serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública da mesma maneira que a provisional. 4.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE. Á solicitude deberá xuntárselle: a) Documentación acreditativa de ter aboado o importe a que ascenden os dereitos de exame: 30 euros. Os/as aspirantes acompañarán á solicitude documento acreditativo de ter feito ingreso do correspondente importe na c/c nº 2091/0109/833110000047 de ABANCA. b) Fotocopia do D.N.I. ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros, debidamente compulsados por ambos os dous lados. c) Fotocopia compulsada do titulo académico esixido ou, no seu defecto, certificación académica dos estudos realizados a que necesariamente acompañará a acreditación do pagamento dos dereitos de expedición da titulación. d) Acreditación da posesión do nivel de idioma galego esixido nas bases. De carecer desta acreditación, o/a aspirante someterase obrigatoriamente á proba de coñecemento do idioma galego prevista nas bases. e)Relación dos méritos que aleguen, enumerados segundo a orde establecida nesta convocatoria. Á devandita relación acompañaranse os documentos xustificativos dos méritos, orixinais ou fotocopias compulsadas. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria. 5. TRIBUNAL DE SELECCIÓN. O tribunal cualificador estará composto por un/unha presidente/a e catro vocais, empregados públicos entre os/as que non se incluirán persoal de elección ou de designación política, nin funcionarios/as interinos/as ou persoal temporal ou eventual. Actuará como Secretario o da Corporación ou funcionario en quen delegue, con voz e sen voto. A composición do Tribunal será predominantemente técnica e todos deberán posuír titulación ou especializacións iguais ou superiores ás esixida para o acceso á praza convocada. En dita composición atenderase así mesmo, a paridade entre homes e mulleres. A Resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos coa designación dos membros do Tribunal, que incluirá os seus respectivos suplentes, farase pública na sede electrónica (http://burela.sedelectronica.es) e no taboleiro de anuncios do Concello a efectos de recusación. O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, xa sexan titulares ou suplentes, e en todo caso requírese a asistencia do Presidente e do Secretario ou dos seus suplentes. Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir notificándoo ao Sr. Alcalde cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. O Presidente poderá requirir aos membros do mesmo declaración expresa de non atoparse incursos en causa de abstención. Así mesmo os aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior. 4 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo Os membros do Tribunal son persoalmente responsables do cumprimento das bases da convocatoria e da suxeición aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas e para a publicación dos seus resultados. O Tribunal poderá dispoñer a incorporación aos seus traballos de asesores naquelas probas que demanden oír a opinión de técnicos especialistas, así como de colaboradores en tarefas de apoio no desenvolvemento do sistema selectivo. O Tribunal resolverá todas as dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nas presentes bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases. 6. - SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE. 6.1. FASE DE OPOSICION. Constará das seguintes probas: 6.1.- Proba de coñecementos xerais e específicos: Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá en desenvolver por escrito nun tempo máximo de 120 minutos dous temas extraídos ao azar do programa que figura no Anexo I desta convocatoria, un de entre os temas xerais e outro de entre os restantes temas (temas específicos, normativa técnica e normativa sectorial). O exercicio, tras ser fotocopiado para o seguimento polo Tribunal, será leido polo/a aspirante. O Tribunal poderá realizar as preguntas adicionais que considere oportunas en relación co mesmo. Valorarase o volume e comprensión dos coñecementos, a claridade da exposición e a capacidade de expresión oral. A cualificación global deste exercicio será de 0 a 10 puntos e será preciso acadar un mínimo de 5 puntos para superalo e poder pasar ao seguinte. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima. 6.2.- .Suposto práctico De carácter eliminatorio e obrigatorio consistirá na realización por escrito dun ou varios supostos prácticos determinados polo Tribunal inmediatamente antes da súa realización de entre as materias/funcións obxecto da praza que se convoca.Tempo máximo para a realización desta proba será de 120 minutos. Durante o desenvolvemento do exercicio os aspirantes poderán, en todo momento, facer uso dos textos legais dos que acudan provistos, quedando excluídos os manuais, compendios de xurisprudencia e libros de doutrina especializada. O Tribunal poderá determinar si este exercicio debe ser lido polos aspirantes. Este exercicio será cualificado de 0 a 10 puntos, sendo preciso alcanzar un mínimo de cinco puntos para superalo, sendo eliminados aqueles aspirantes que non a obteñan. O Tribunal determinará o nivel de coñecementos esixidos para alcanzar a puntuación mínima. 6.3.-Proba de galego. Consistirá en traducir nun tempo máximo de 30 minutos, e sen axuda de dicionario, un texto de castelán a galego proposto polo Tribunal. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase de apto ou non apto. Estarán exentos da realización da proba de galego os aspirantes que acrediten posuír dentro do prazo de presentación de solicitudes o Celga 4, curso de perfeccionamento ou estudos equivalentes. Os/as aspirantes serán convocados para cada un dos exercicios en chamamento único, sendo excluídos/as da oposición os que non comparezan, salvo causa de forza maior debidamente acreditada e libremente apreciada polo tribunal. En calquera momento, o tribunal poderá requirirlles aos opositores que acrediten a súa personalidade mediante a presentación do DNI ou outro documento fidedigno que a xuízo do Tribunal acredite a súa identidade 6.2. FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirantes que superasen tódalas probas. Consistirá na valoración dos méritos aportados e debidamente xustificados polos aspirantes e non terá carácter eliminatorio. Baremo de méritos (Puntuación total máxima: 6 puntos). 5 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo 6.2.1 Experiencia: ata un máximo de 3 puntos a)Por cada mes completo de servizos prestados como funcionario ou contratado laboral na Administración local en praza ou posto de arquitecto técnico ou arquitecto: 0,10 puntos, ata un máximo de 2 puntos. b)Por cada mes completo de servizos prestados como funcionario ou contratado laboral en calquera outra Administración Pública en praza ou posto de arquitecto técnico ou arquitecto: 0,10 puntos, ata un máximo de 1 punto. Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais, contados dende o inicio de cada contrato ata a súa data de finalización. O computo dos días de experiencia profesional realizarase conforme aos días acreditados na certificación de servizos prestados ou no informe de vida laboral. A experiencia acreditarase mediante a correspondente certificación expedida polo organismo oficial no que se prestaron os servizos, toma de posesión ou contrato de traballo inscrito no Servizo Público de Emprego aos que deberá achegarse certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social. 6.2.2 Formación académica, ata un máximo de 1 punto a) por titulación do mesmo nivel á requirida: 0,25 puntos b) por titulación de nivel superior á requirida: 0,50 puntos c) por doutorado: 1 punto Non se puntuará a titulación académica requirida para participar no presente proceso selectivo. 6.2.3 Formación complementaria: Por cursos expedidos ou homologados por organismos oficiais e directamente relacionados coas funcións propias da praza obxecto da presente convocatoria, concederase ata un máximo de 2 puntos con arranxo á seguinte escala: - De 25 a 50 horas: 0,50 puntos. - De 51 a 100 horas: 0,75 puntos. - De máis de 100 horas: 1 punto. Non se valorarás os cursos de menos de 25 horas nin a asistencia a xornadas e congresos. Os cursos de informática valoraranse sempre que o Tribunal considere que son necesarios para realizar as tarefas do posto. Acreditaranse mediante copia compulsada do correspondente diploma no que debe constar a duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo, ou ben certificación expedida polo organismo que o impartiu no que se fagan constar os mesmos datos. Os cursos que, a xuízo do Tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións propias da praza, non serán puntuados. 7.- CITACIONS PARA A REALIZACION DAS PROBAS . A citación ao Tribunal e aos/as aspirantes para a realización da primeira proba da oposición publicarase na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello cunha antelación de 48 horas á hora fixada para iniciarse. Motivado na urxencia da incorporación dos efectivos, para a realización do resto das probas non se terá en conta a mencionada antelación de 48 horas. Os resultados das probas e do concurso de méritos publicaranse así mesmo na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. 8.- CUALIFICACIÓN FINAL E PRESENTACIÓN DE DOCUMENTOS A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de concurso e de oposición, sempre que se teña alcanzada na fase de oposición a puntuación mínima necesaria para considerala superada, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados. No suposto de empate nas puntuacións de dous/dúas ou máis aspirantes, tendo en conta o artigo 37 da Lei 7/2004, do 16 de xullo, galega para a igualdade de mulleres e homes, cando nun determinado corpo, escala, grupo ou categoría da Administración Pública Galega se verificara a infrarrepresentación do sexo feminino, o empate resolverase a favor da muller. No suposto de que o empate se produza entre dúas mulleres ou entre dous homes, este resolverase acudindo á puntuación obtida nas probas da oposición pola orde na que se realizaron. De non ser iso suficiente, o empate resolverase atendendo á orde dos distintos apartados do baremo de méritos e se persiste o empate procederase a realizar un sorteo público. O/a Presidente/a do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de nomeamento ante o Sr. Alcalde-Presidente, sen que esta poida superar o número de prazas convocadas. 6 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo As propostas de selección que contraveñan este límite serán nulas de pleno dereito. Co fin de asegurar a cobertura da praza convocada para o caso de que se produzan renuncias do/a aspirante seleccionado/a con anterioridade á resolución do proceso selectivo ou da toma de posesión, o órgano de selección elaborará unha proposta complementaria na que figurarán os/as aspirantes que sigan ao proposto pola orde de puntuación acadada e sempre que tiveran superados os exercicios da fase de oposición. A proposta publicarase na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. No prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da proposta de selección no taboleiro de Edictos (prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documentos por causas alleas á súa vontade), o/a aspirante proposto/a polo Tribunal deberá presentar no Rexistro do Concello a documentación acreditativa dos requisitos expresados na Base 2ª: - Apartado d) mediante Certificado Médico. - Apartado e) con declaración xurada. Igualmente aportarase fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria. Se dentro do prazo indicado, salvo causa de forza maior, o/a aspirante non presentase a documentación ou do exame da mesma se deducise que carece dalgún dos requisitos relacionados na Base 2, non poderá ser nomeado funcionario/a interino e perderá tódolos seus dereitos, sen prexuízo das responsabilidades en que houbese podido incorrer. 9.- NOMEAMENTO E TOMA DE POSESIÓN Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os/as aspirantes acreditaron os requisitos esixidos para acceder as prazas que se convocan, o Alcalde resolverá o procedemento selectivo efectuando o nomeamento como funcionario/a interino/a do candidato/a proposto/a, formalizándose a toma de posesión. Co fin de asegurar a cobertura da praza convocada no caso de que se produzan renuncias do/a aspirante seleccionado/a, con anterioridade ao nomeamento ou á toma de posesión, o órgano de selección elaborara unha proposta complementaria (lista de reserva) na que figurarán os/as aspirantes por orde de puntuación acadada e sempre que tiveran superado o proceso selectivo. 10.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN. O Tribunal poderá resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o bo desenvolvemento do proceso selectivo. No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas. 11.- RECURSOS. Contra a resolución pola que se aproban as bases desta convocatoria, que é definitiva en vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Burela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación segundo o previsto nestas bases ou directamente recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na lexislación reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente. ANEXO I Temario TEMAS XERAIS 1.-A Constitución Española de 1978. Estrutura e principios xerais. Dereitos e deberes fundamentais dos españois. A súa garantía e suspensión. O Tribunal Constitucional: composición e funcións. A reforma da Constitución. 2.- A Organización do Estado na Constitución: organización institucional ou política e organización territorial. O Estatuto de Autonomía de Galicia. A Coroa. As Cortes Xerais: referencia ao Defensor do Pobo e ao Tribunal de Contas. 3.- O Goberno e a Administración. Relacións do Goberno coas Cortes Xerais. O Poder Xudicial: principios constitucionais. O Consello Xeral do Poder Xudicial. O Ministerio Fiscal. 4.- O ordenamento xurídico-administrativo (I): A Constitución. As Leis estatais e autonómicas. Tipos de disposicións legais. Os Tratados Internacionais. 5.- O ordenamento xurídico-administrativo (II). O regulamento: Concepto e clases. A regulamentaria. Procedemento de elaboración. Límites. O control da potestade regulamentaria. potestade 7 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo 6.-. O administrado versus cidadán: Concepto e clases. A capacidade dos cidadáns e as súas causas modificativas. O Estatuto do cidadán: Dereitos subxectivos e intereses lexítimos, diferenzas entre ambos os conceptos e obrigacións. 7.- O acto administrativo. Concepto. Elementos. Clases. Requisitos: A motivación e forma. 8.-A eficacia dos actos administrativos: O principio de autotutela declarativa. Condicións. A notificación: Contido, prazo e práctica. A notificación defectuosa. A publicación. A aprobación por outra Administración. A demora e retroactividade da eficacia. 9.-A invalidez do acto administrativo. Supostos de nulidade de pleno dereito e anulabilidade. O principio de conservación do acto administrativo. A revisión de actos e disposicións pola propia Administración: Supostos. A acción de nulidade, procedemento, límites. A declaración de lesividade. A revogación de actos. A rectificación de erros materiais ou de feito. 10.-Disposicións xerais sobre os procedementos administrativos e normas reguladoras dos distintos procedementos. A iniciación do procedemento: Clases, subsanación e mellora de solicitudes. Presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. Os rexistros administrativos. Termos e prazos: Cómputo, ampliación e tramitación de urxencia. Ordenación. Instrución: Intervención dos interesados, proba e informes. 11.-Terminación do procedemento. A obrigación de resolver. Contido da resolución expresa: Principios de congruencia e de non agravación da situación inicial. A terminación convencional. A falta de resolución expresa: O réxime do silencio administrativo. O desestimento e a renuncia. A caducidade. 12.-Recursos administrativos: Principios xerais. Actos susceptibles de recurso administrativo. Regras xerais de tramitación dos recursos administrativos. Clases de recursos. As reclamacións administrativas previas ao exercicio de accións civís e laborais. Procedementos substitutivos dos recursos administrativos: Conciliación, mediación e arbitraxe. 13.-A potestade sancionadora: Concepto e significado. Principios do exercicio da potestade sancionadora. O procedemento sancionador e as súas garantías. Medidas sancionadoras administrativas. Especial referencia á potestade sancionadora local. 14.- Os contratos do sector público: As Directivas Europeas en materia de contratación pública. Obxecto e ámbito da Lei de Contratos do Sector Público. Tipos de contratos do Sector Público. Contratos suxeitos a regulación harmonizada. Réxime xurídico dos contratos administrativos e os de dereito privado; os actos separables. Os principios xerais da contratación do sector público: Racionalidade, liberdade de pactos e contido mínimo, perfección e forma, o réxime de invalidez dos contratos e o recurso especial en materia de contratación. As partes nos contratos do sector público. Os órganos de contratación. A capacidade e solvencia dos contratistas. Prohibicións. Clasificación. A sucesión do contratista. 15.-Preparación dos contratos polas Administracións Públicas. O prezo, o valor estimado. A revisión de prezos. Garantías na contratación do sector público. Clases de expedientes de contratación. Procedementos e formas de adxudicación dos contratos. Criterios de adxudicación. Perfeccionamento e formalización dos contratos administrativos. 16.- Execución e modificación dos contratos administrativos. Prerrogativas da Administración. Extinción. A cesión dos contratos e a subcontratación. 17.- A expropiación forzosa. Suxeitos, obxecto e causa. O procedemento xeral. Garantías xurisdicionais. A reversión expropiatoria. Tramitación de urxencia. Procedementos especiais. 18.- A responsabilidade da Administración pública: Caracteres. Os orzamentos da responsabilidade. Danos resarcibles. A acción e o procedemento administrativo en materia de responsabilidade: Procedemento xeral e procedemento abreviado. A responsabilidade patrimonial das autoridades e persoal ao servizo das Administracións públicas. 19.-. O Municipio: Concepto e elementos. O termo municipal: O problema da planta municipal. Alteracións de termos municipais. Lexislación básica e lexislación autonómica. A poboación municipal. O Padrón de habitantes. O estatuto dos veciños. Dereitos dos estranxeiros. 20.-A organización municipal. Órganos necesarios: Alcalde, Tenentes de Alcalde, Pleno e Xunta de Goberno Local. Órganos complementarios: Comisións Informativas e outros órganos. Os grupos políticos e os concelleiros non adscritos. A participación veciñal na xestión municipal. O concello aberto. Outros réximes especiais. Especialidades do réxime orgánico-funcional nos municipios de gran poboación. 21.-. As competencias municipais: Sistema de determinación. Competencias propias, delegadas e competencias distintas das propias. A sostenibilidade financeira da facenda local como presuposto do exercicio das competencias. Os convenios sobre exercicio de competencias e servizos municipais. Os servizos mínimos. 22.- A provincia como entidade local. Organización e competencias. A cooperación municipal. As relacións entre as Comunidades Autónomas e as Deputacións Provinciais. Réximes especiais. As Illas: Os Consellos e Cabildos Insulares. A coordinación na prestación de determinados servizos polas Deputacións Provinciais. 8 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo 23.- As formas de acción administrativa das entidades locais. A actividade de policía: A intervención administrativa local na actividade privada. As autorizacións administrativas: As súas clases. O réxime das licenzas. A comunicación previa e a declaración responsable. 24.-O patrimonio das entidades locais. Bens de dominio público e bens patrimoniais: concepto, natureza e elementos. Afectación e mutacións demaniais. Utilización: reserva e concesión. 25.- Prerrogativas e potestades das entidades locais en relación cos seus bens. Os bens comunais. O inventario. Os montes veciñais en man común 26.- Os tributos locais: Principios. A potestade regulamentaria das Entidades Locais en materia tributaria: Contido das ordenanzas fiscais, tramitación e réxime de impugnación dos actos de imposición e ordenación de tributos. O establecemento de recursos non tributarios. 27.- O Orzamento Xeral das Entidades locais. Estrutura orzamentaria. Elaboración e aprobación: Especial referencia ás Bases de execución do Orzamento. A prórroga do Orzamento. A execución e liquidación do Orzamento. 28..- O sistema electoral local. Causas de inelixibilidade e incompatibilidade. Elección dos Concelleiros e Alcaldes. Elección de Deputados Provinciais e Presidentes de Deputacións provinciais. Elección de Conselleiros e Presidentes de Cabildos e Consellos Insulares. 29.-. O persoal ao servizo das Entidades Locais: Clases e réxime xurídico. A función pública local: Clases de funcionarios locais. O acceso aos empregos locais: Principios reguladores. Requisitos. Sistemas selectivos. A extinción da condición de empregado público. O réxime de provisión de postos de traballo: Sistemas de provisión. As situacións administrativas dos funcionarios locais. 30.-Os dereitos dos funcionarios locais. Dereitos individuais. Especial referencia á carreira administrativa e ás retribucións. Dereitos colectivos. Sindicación e representación. O dereito de folga. A negociación colectiva. TEMAS ESPECÍFICOS 1.- Aspectos xerais da evolución do urbanismo en España. Distribución de competencias en materia de urbanismo. Lexislación estatal e autonómica. A Sentenza 61/1997 do Tribunal Constitucional. 2.- O Real Decreto Lexislativo 7/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Chan e Rehabilitación Urbana. Antecedentes, obxecto e disposicións xerais. 3.- Réxime urbanístico da propiedade do solo: as situacións básicas do solo. Dereitos e deberes dos cidadáns. Réxime urbanístico do dereito de propiedade. Contido do dereito de propiedade segundo o Real decreto lexislativo 2/2008, de 20 de xuño, de solo. Incidencias na transmisión de fincas e declaración de obra nova. 4.-Réxime urbanístico da propiedade do solo. Clases de solo e réxime das mesmas na lexislación autonómica de Galicia. 5.- O Planeamento urbanístico na lexislación autonómica de Galicia: clases de plans. Procedemento de elaboración e aprobación. Efectos da aprobación dos plans. Modificación e revisión dos plans. Normas de directa aplicación. 6. O Plan Xeral de Ordenación Municipal: Obxecto, determinacións, documentación. 7.- Os Plans Parciais: Obxecto, determinacións, documentación, procedemento de aprobación. Plans de sectorización. 8.- Os Plans Especiais: finalidades. Os Plans Especiais de Protección e rehabilitación e mellora do medio rural. Plans Especiais de Reforma Interior. Os Plans Especiais de Protección. 9.- Outros instrumentos de Planeamento: Os Estudos de Detalle, os Catálogos. 10.-Execución do plan. Disposicións Xerais. Áreas de repartición. Aproveitamento tipo. Polígonos de execución. Regras xerais para a equidistribución. 11.- Sistemas de actuación. Sistema de cooperación. Sistema de expropiación. Sistema de concerto. Sistema de compensación. Obtención de terreos de sistemas xerais e locais. 12.- Obtención de terreos de sistemas xerais e locais. Patrimonios públicos do chan. Bens que o integran e destino. 13.- A intervención na edificación e no uso do solo. As licenzas: actos suxeitos a licenza, actos promovidos polas administracións públicas. As comunicacións previas: actos suxeitos a comunicacións previas especial referencia á ordenanza reguladora das comunicacións previas do concello de Burela. Contido do proxecto técnico de obra, contido da licenza, licenza de 1ª ocupación, silencio administrativo na concesión de licenzas. Os informes sectoriais. 14.- Deber de conservación e ruína. Inspección periódica de construcións: A ITE. Ordes de execución. A declaración de ruína. 9 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo 15.- As parcelacións urbanísticas, indivisibilidade. Réxime das parcelacións. 16.- A inspección urbanística. Protección da legalidade urbanística. Obras sen a preceptiva autorización administrativa ou contrarias as súas condicións. Inexactitude, falsidade e omisión de datos nas comunicacións previas de obras. A restauración da legalidade urbanística. 17.- Infraccións e sancións urbanísticas. Prescrición, persoas responsables, órganos competentes para imposición de sancións, o procedemento sancionador. Convenios urbanísticos. 18.- PXOM de Burela. Normas de carácter xerais. Normas de intervención na edificación e uso do solo. Normas xerais de ordenación e aproveitamento. Normas xerais das edificacións. 19.- PXOM de Burela. Normas xerais de urbanización. Normas sobre usos. Sistemas xerais. Solo urbano. Solo urbanizable. Solo rústico. Protección do Patrimonio. 20.- Valoración inmobiliaria. A Orde ECO/805/2003. Sistemas de valoración. Método residual estático e dinámico. Método do custe. Método de capitalización das rendas. Método de comparación. Réxime de valoracións segundo o TRLSRU. Valoración do solo e as construcións en situación de rural. Valoración do solo e construcións en situación de urbanizado. Valoración en caso de solos sometidos a actuacións de transformación. Real decreto 1492/2011, do 24 de outubro, polo que se aproba o regulamento de valoracións da Lei so solo. Disposicións xerais. Conceptos e criterios xerais para a realización das valoracións. Valoración en situación de solo rural. Valoración en situación de solo urbanizado. Indemnización e gastos de urbanización. NORMATIVA TÉCNICA 1.- A Lei 38/1999, de ordenación da edificación. Esixencias técnicas e administrativas da edificación. Axentes. Responsabilidades e garantías. Disposicións relacionadas coa edificación, redacción de proxectos e dirección de obras. 2.- O Código técnico da edificación: Disposicións xerais. Contido. Condicións técnicas e administrativas. Condicións do proxecto, na execución da obra e do edificio. 3.- O CTE: DB-SE: seguridade estrutural, accións na edificación, cimentos, aceiro, fábrica e madeira. 4.- O CTE: DB-SI: Seguridade en caso de incendio e DB-SUA Seguridade de utilización e accesibilidade 5.- O CTE: DB-HS Salubridade. DB-HR protección contra o ruído. DB-HE Aforro de enerxía. 6.- As Normas de habitabilidade de vivendas de Galicia. 7.- Condicións de accesibilidade e supresión de barreiras: Lei 8/1997, do 10 de agosto. Regulamento para o desenvolvemento e execución da Lei de accesibilidade: Decreto 35/2000. 8.- Instalacións de telecomunicacións. Disposicións sobre infraestruturas comúns nos edificios para acceso ós servizos de telecomunicacións. Real decreto Lei 1/1998 e Real decreto 346/2011, do 11 de marzo, polo que se aproba o Regulamento regulador das infraestruturas comúns de telecomunicacións para o acceso ós servizos de telecomunicación no interior das edificacións. NORMATIVA SECTORIAL 1.- A protección do medio ambiente. Lexislación comunitaria, estatal e autonómica. Aspectos xerais. A Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental. 2.- Real Decreto 2816/1982, de 27 de agosto, por el que se aproba o Regulamento xeral de espectáculos públicos e actividades recreativas. Decreto 292/2004, do 18 de novembro, polo que se aproba o catálogo de espectáculos públicos e actividades recreativas da Comunidade Autónoma de Galicia. Aspectos xerais e a súa incidencia sobre as licenzas. 3.- Comunicación previa en materia de actividades. A Lei 9/2013, do 19 de decembro, de emprendemento e da competitividade económica de Galicia. Efectos das comunicacións previas. Actuacións de comprobación. Avaliación ambiental de actividades. Declaración de incidencia ambiental. Entidades de certificación de conformidade municipal. Réxime sancionador. 4.- Lei 10/1995, de ordenación del territorio. As directrices de ordenación do territorio de Galicia. 5.- Plan de ordenación do litoral. 6.- O patrimonio cultural: evolución do concepto de patrimonio ó través dos documentos e cartas internacionais. criterios de intervención nos conxuntos históricos artísticos e nos edificios históricos. Evolución histórica da lexislación estatal e autonómica de protección do patrimonio cultural. Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia. 7.- Lexislación en materia de augas. Dominio público hidráulico. A súa incidencia no urbanismo. 8.- Lexislación en materia de costas. Dominio público marítimo-terrestre. A súa incidencia no urbanismo. 9.- Lei 18/2008, do 29 de decembro, de vivenda de Galicia. Actuacións protexidas en materia de rehabilitación. 10 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo 10.- Estradas e ferrocarrís: lexislación estatal e autonómica. A súa incidencia no urbanismo. 11.- Normativa sobre protección contra a contaminación acústica e incidencia no procedemento de concesión de licenzas. A ordenanza municipal de protección do medio contra a contaminación acústica producida por ruídos e vibracións. Zonas acusticamente saturadas. 12.- Lei 8/2012, de 29 de xuño, de vivenda de Galicia.Burela, a 28 de setembro de 2016.- O Alcalde. Alfredo Llano García R. 2978 Anuncio Por Decreto da Alcaldía nº 1610 de 28/09/2016 apróbase a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a contratación como persoal laboral temporal dun/dunha Oficial Primeira para a Area de mantemento e servizos do Concello mediante contrato de relevo: BASES REGULADORAS DO PROCESO DE SELECCIÓN PARA A COBERTURA COMO PERSOAL LABORAL TEMPORAL (CONTRATO DE REVELO) DUN/DUNHA OFICIAL PRIMEIRA PARA A AREA DE MANTEMENTO O SERVIZOS.1.- OBXECTO DA CONVOCATORIA. Constitúe o obxecto das presentes bases a regulación do procedemento de selección que se levará a cabo para a contratación con carácter temporal dun/dunha Oficial Primeira para a Area de mantemento e servizos (grupo de cotización 8) mediante contrato de relevo vinculado á xubilación parcial do titular da praza. As bases íntegras publicaranse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP) na sede electrónica (http://burela.sedelectronica.es) e estarán a disposición dos/as interesados/as no Rexistro Xeral do Concello. Funcións do posto: -Implantación de material vexetal e mantemento de zonas verdes -Transplante de elementos arbóreos de gran tamaño. -Manexo de maquinaria e vehículos necesarios para as súas labores -Planificación de traballos de poda. -Xestión das compras do material vexetal do Concello -Dirección e coordinación de traballos de xardinería -Funcións de albanel, fontaneiro, etc. en dependencia do encargado correspondente. -Tarefas de mantemento e conservación (albanelería, fontanería, mecánica, pintura, xardinería) das instalacións municipais e mobiliario público baixo supervisión -Bacheado de camiños baixo supervisión -Reformas e pequenas construcións municipais baixo supervisión -Apertura e peche do cemiterio -Mantemento do cemiterio, xardíns e instalacións, incluíndo traballos de albanelería, xardinería e pequenas construcións - Enterros e labores anexas -Mantemento do libro de policía sanitaria -Notificacións dos enterros ao xulgado -Mantemento do alumeado público, colexios, pavillóns, estacións de bombeo, semáforos e tódalas instalacións eléctricas municipais - Realización de cálculos e presupostos necesarios e instalacións novas de alumeado público e vivendas -Fabricar e instalar cadros para o alumeado público, festas, instalación de protección de grupo electróxeno, etc. -Modificacións e reformas en todo tipo de instalacións para o seu mellor funcionamento e seguridade para os usuarios -Revisión de postas a terra de instalacións segundo REBT -Organizar todo o traballo de electricidade para o bo funcionamento e seguridade das instalacións 11 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo -Manexo de maquinaria e vehículos necesarios para as súas labores -Nos colexios públicos: funcións de información sobre a ubicación de locais, custodia, control, mantemento de material, mobiliario e instalacións (incluíndo calefacción, etc.), transporte, utilización de máquinas reprodutoras, fotocopiadoras, clasificación e reparto de correspondencia, traslado de documentos e material, entrega de notificacións e, en xeral, outras relacionadas coas anteriores; atención ao alumnado/público en relación coas funcións propias do corpo subalterno e traslado de mobiliario, vixilancia de locais, control das persoas que acceden ás oficinas ou aos centros públicos e a vixilancia e garda de bens públicos. - Calquera outra relacionada co posto que lle encomende o seu superior xerárquico. A retribución bruta mensual será segundo Convenio: 988,63 € (polo miúdo: soldo 553,96 €; complemento de destino 308,07 € e complemento específico 126,6 €). Percibiranse así mesmo dúas pagas extraordinarias, devengándose nos meses de xuño e decembro. 2.- REQUISITOS DE ADMISIÓN DE ASPIRANTES. Para ser admitidos/as á realización destas probas selectivas, os/as aspirantes deberán reunir os seguintes requisitos: a)Ter nacionalidade española ou ter nacionalidade doutro Estado co alcance que se sinala no artigo 57 do RD Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público. b) Ter cumpridos dezaseis anos e non exceder, no seu caso, da idade máxima de xubilación forzosa. c) Estar en posesión de certificado de escolaridade o título equivalente. No caso de titulacións obtidas no estranxeiro, deberán ter o documento que acredite fehacientemente a súa homologación. d) Estar en posesión do permiso de conducir clase “B”. e) Acreditar a capacidade funcional para o desempeño das funcións propias do posto. En consecuencia non padecer enfermidade ou defecto físico que impida o desenvolvemento das funcións do cargo. f) Non ter sido separado/a mediante expediente disciplinario do servizo de calquera a das Administracións Públicas, ou dos órganos constitucionais ou estatutarios das Comunidades Autónomas, nin atoparse en inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos por resolución xudicial, para o acceso a corpos ou escalas de persoal funcionario, ou para exercer funcións similares as que desempeñaban no caso de persoal laboral, no que fora separado ou inhabilitado. No caso de ser nacional doutro Estado, non encontrarse inhabilitado ou situación equivalente nin ter sido sometido a sanción disciplinaria ou equivalente que impida, no seu Estado, nos mesmos termos o acceso ao emprego público. g) Non atoparse incurso/a en ningunha das causas de incapacidade que determine a lexislación vixente. h)Estar inscrito como desemprego en calquera Oficina do Servizo Público de Emprego ou ben ter subscrito co Concello de Burela un contrato de duración determinada. Non se terá en conta a demanda por mellora de emprego. I)Ter ingresada a cantidade fixada como dereitos de exame: 15 euros. 3.- MODALIDADE E DURACIÓN DO CONTRATO O contrato formalizarase baixo a modalidade de contrato de relevo vinculado a xubilación parcial, a xornada completa e a súa duración estenderase dende a sinatura do contrato ata a data na que o traballador titular da praza alcance a idade de xubilación ordinaria. A contratación do relevista queda condicionada á oportuna concesión da xubilación parcial ao titular da praza. 4. - FORMA E PRAZO DE PRESENTACIÓN DE INSTANCIAS Os/as interesados/as dirixirán as solicitudes, no modelo oficial que se acompaña como Anexo II a estas bases ao Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Burela e presentaranas no Rexistro Xeral da citada entidade ou nos lugares que determina o artigo 38.4 da LRJAP-PAC, no prazo de 10 días naturais contados dende o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP de Lugo (BOP). Si o último día do prazo é inhábil, trasladarase ó primeiro día hábil seguinte. Cando se presenten en correos, deberá entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo empregado de correos. Os/as aspirantes que presentasen a instancia en calquera das formas previstas no artigo 38.4 da LRJAP-PAC, deberán remitir por fax ao Concello copia selada da instancia dentro do prazo de 10 días naturais sinalado 12 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo anteriormente (nº de fax: 982 58 59 45).Sen a concorrencia de ambos requisitos non serán admitidas aquelas solicitudes que sexan recibidas no Concello fóra do prazo de presentación de instancias. Rematado o prazo de presentación de instancias, a Alcaldía ditará resolución aprobando a lista provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as (neste caso con indicación das causas que dean lugar á exclusión), que se fará pública na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello, exclusivamente. Ademais, en dita resolución fixaranse os titulares e os suplentes que conformarán o Tribunal Cualificador. Figurar na relación de admitidos non suporá que se lles recoñeza aos aspirantes estar en posesión dos requisitos esixidos nos procedementos que se convocan. Cando da documentación que debe presentarse logo de ter superado o procedemento de selección se desprenda que non posúen algún dos requisitos, os/as interesados/as decaerán en tódolos dereitos que se puidesen derivar da súa participación nos procedemento de selección. Concederase un prazo improrrogable de 2 días hábiles para reclamacións á lista provisional e emenda de defectos, a contar dende o seguinte ao da súa publicación na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. Aos efectos de axilizar o procedemento, de non presentarse reclamacións dentro do prazo establecido a resolución de admitidos/as e excluídos/as poderase entender elevada a definitiva, sen necesidade de nova publicación. As reclamacións sobre as exclusións provisionais serán aceptadas ou rexeitadas na resolución pola que se aprobe a lista definitiva, que se fará pública da mesma maneira que a provisional. O prazo de emenda non é de aplicación respecto dos méritos alegados pero non aportados, para a fase de concurso. Os erros de feito poderanse emendar en calquera momento, de oficio ou por pedimento dos interesados, de acordo co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. 5.- DOCUMENTACIÓN QUE DEBERÁ ACOMPAÑAR NECESARIAMENTE Á SOLICITUDE. a) Documentación acreditativa de ter aboado o importe a que ascenden os dereitos de exame: 15 Euros. Os/as aspirantes acompañarán á solicitude documento acreditativo de ter feito ingreso do correspondente importe na c/c nº 2091/0109/833110000047 de ABANCA. b) Fotocopia do D.N.I. ou tarxeta acreditativa da súa identidade no caso de estranxeiros, debidamente compulsados por ambos os dous lados. c) Fotocopia compulsada do titulo académico esixido e do permiso de conducir clase “B”. d) Certificado expedido polo Director/a da Oficina do Servizo Público de Emprego da localidade onde estea inscrito como desempregado que acredite esta circunstancia ou, no seu caso, copia do contrato temporal subscrito con esta Entidade Local. e) Documentación acreditativa dos méritos alegados. Deberase acompañar á solicitude as xustificacións documentais debidamente compulsadas dos méritos que desexen alegar en relación coa praza que se convoca. Non se valorarán os méritos que non estean acreditados documentalmente ou que, a xuízo do Tribunal, non estean suficientemente acreditados. A non acreditación dos méritos alegados determinará que estes non serán tidos en conta polo Tribunal nin se valorarán aínda que se acrediten fora do prazo de presentación de instancias xa que non poderá subsanarse. Tampouco se requirirá aos interesados para que os acrediten. Coa presentación da instancia para tomar parte no proceso selectivo entenderase que os/as interesados/as aceptan e acatan todas e cada unha das bases desta convocatoria. 6. TRIBUNAL DE SELECCIÓN. O tribunal cualificador estará composto por un/unha presidente/a e catro vocais, empregados públicos entre os/as que non se incluirán persoal de elección ou de designación política, nin funcionarios/as interinos/as ou persoal temporal ou eventual. Actuará como Secretario o da Corporación ou funcionario en quen delegue, con voz e sen voto. A composición do Tribunal será predominantemente técnica e todos deberán poseer titulación ou especializacións iguais ou superiores ás esixida para o acceso á praza convocada. En dita composición atenderase así mesmo, a paridade entre homes e mulleres. A Resolución pola que se aprobe a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos coa designación dos membros do Tribunal, que incluirá os seus respectivos suplentes, farase pública na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello a efectos de recusación. 13 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo O Tribunal non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de polo menos tres dos seus membros, xa sexan titulares ou suplentes, e en todo caso requírese a asistencia do Presidente e do Secretario ou dos seus suplentes. Os membros do Tribunal deberán absterse de intervir notificándoo ao Sr. Alcalde cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, de 26 de novembro. O Presidente poderá requirir aos membros do mesmo declaración expresa de non atoparse incursos en causa de abstención. Así mesmo os aspirantes poderán recusar aos membros do Tribunal cando concorran as circunstancias previstas no parágrafo anterior. Os membros do Tribunal son persoalmente responsables do cumprimento das bases da convocatoria e da suxeición aos prazos establecidos para a realización e valoración das probas e para a publicación dos seus resultados. O Tribunal resolverá todas as dúbidas e propostas que xurdan para aplicación das normas contidas nas presentes bases e estará facultado para resolver as cuestións que se poidan suscitar durante a realización das probas, así como adoptar as medidas necesarias que garantan a debida orde naquelas en todo o que non estea previsto nas bases. 7. - SISTEMA DE SELECCIÓN: CONCURSO-OPOSICIÓN LIBRE. 7.1. FASE DE OPOSICIÓN. Constará das seguintes probas: 7.1.1- Proba de coñecementos xerais e específicos: Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá en contestar por escrito un cuestionario tipo test de 50 preguntas, con tres respostas alternativas das que só unha será a correcta, sobre o contido do programa especificado na convocatoria (anexo I). O tempo máximo para realizar este exercicio será de corenta e cinco minutos. Cada resposta acertada puntuarase con 0,20 puntos; e por cada dúas preguntas contestadas de forma errónea descontarase unha pregunta contestada de forma correcta. As preguntas sen contestar ou contestadas en máis dunha das alternativas non contabilizan. Esta proba será cualificada de 0 a 10 puntos, sendo necesario acadar un mínimo de 5 puntos para ter a condición de apto e poder realizar a seguinte proba. 7.1.2.- Proba práctica: Obrigatoria e eliminatoria. Consistirá na realización dunha proba proposta polo Tribunal, inmediatamente antes do seu inicio, e que contemplará un ou varios supostos concernentes ás funcións da categoría e posto de traballo,nun tempo máximo de dúas horas. O exercicio puntuarase de 0 a 10 puntos por cada membro do Tribunal. A puntuación final de cada aspirante será igual ao cociente resultante de dividir o total da cualificación obtida entre o número de membros do Tribunal. Requirirase un mínimo de 5 para ter a condición de apto e poder realizar a seguinte proba. Se o Tribunal o estima poderá dialogar sobre as materias obxecto desta proba e pedir as aclaracións oportunas aos aspirantes cando o considere preciso. 7.1.3-.Proba de galego. Consistirá en traducir nun tempo máximo de trinta minutos, e sen axuda de dicionario, un texto de castelán a galego proposto polo Tribunal. Esta proba é obrigatoria e eliminatoria e cualificarase de apto ou non apto. Estarán exentos da súa realización os aspirantes que acrediten posuír con anterioridade ao día en que remate o prazo de presentación de instancias o Celga 3, curso de iniciación de galego ou estudos equivalentes. 7.2. FASE DE CONCURSO. Rematada a fase de oposición, procederase a realizar a fase de concurso aos/ás aspirantes que superasen tódalas probas. Consistirá na valoración dos méritos aportados e debidamente xustificados polos aspirantes e non terá carácter eliminatorio. Baremo de méritos (Puntuación total máxima: 6 puntos). 7.2.1 Experiencia: ata un máximo de 2,5 puntos a) Por cada mes completo de servizos prestados en calquera das Administracións Públicas en posto de traballo coa categoría profesional de oficial de primeira ou segunda realizando funcións nas áreas de albanelería, fontanería, electricidade, xardinería e mantemento de cemiterio acreditado mediante a correspondente certificación expedida polo organismo oficial no que se prestaron ou contrato de traballo inscrito no Servizo Público de Emprego ao que deberá achegarse certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou certificado de empresa: 0,10 puntos, ata un máximo de 1,5 puntos. b) Por cada mes completo de servizos prestados en calquera das Administracións Públicas en posto de traballo coa categoría profesional de peón ou oficial terceira realizando funcións nas áreas de albanelería, 14 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo fontanería, electricidade, xardinería e mantemento de cemiterio acreditado mediante a correspondente certificación expedida polo organismo oficial no que se prestaron ou contrato de traballo inscrito no Servizo Público de Emprego ao que deberá achegarse certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou certificado de empresa: 0,10 puntos, ata un máximo de 1 punto. c)Por cada mes completo de servizos prestados en empresas privadas en postos de Oficial/Peón realizando funcións nas áreas de albanelería, fontanería, electricidade, xardinería e mantemento de cemiterio, acreditado mediante presentación de contrato de traballo inscrito no Servizo público de Emprego ou alta no IAE en actividades de albanelería ou construción máis certificado de vida laboral expedido pola Tesourería Xeral da Seguridade Social ou certificado de empresa: 0,15 puntos ata un máximo de 1 punto. Non se computarán servizos prestados por tempo inferior a un mes e os meses consideraranse de 30 días naturais, contados dende o inicio de cada contrato ata a súa data de finalización. A puntuación reducirase proporcionalmente en caso de servizos prestados a tempo parcial. 7.2.2 Cursos, xornadas, congresos e convencións: Por cursos que versen sobre materias relativas ó posto de traballo, fontanería, calefacción, manexo de maquinaria de obra, riscos laborais, etc., concederase ata un máximo de 2 puntos con arranxo á seguinte escala: - De máis de 100 horas: 1 punto. - De 71 a 100 horas: 0,75 puntos. - De 21 a 70 horas: 0,50 puntos. - De 10 a 20 horas: 0,25 puntos. - Inferior a 10 horas e asistencia a xornadas, congresos e convencións: 0,10 puntos. Acreditaranse mediante copia compulsada do correspondente diploma no que debe constar a duración do curso en horas e como mínimo o título do mesmo, ou ben certificación expedida polo organismo que o impartiu no que se fagan constar os mesmos datos. Os cursos que, a xuízo do Tribunal, non estean debidamente acreditados ou non teñan relación coas funcións propias da praza, non serán puntuados. 7.2.2 Estar en posesión do permiso de conducir da categoría C: 0,50 puntos. 8.- CITACIÓNS PARA A REALIZACIÓN DAS PROBAS . A citación ao Tribunal e aos/as aspirantes para a realización da primeira proba da fase de oposición publicarase na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello cunha antelación de 48 horas á hora fixada para iniciarse. Motivado na urxencia da incorporación dos efectivos, para a realización do resto das probas non se terá en conta a mencionada antelación de 48 horas. Os resultados das probas e do concurso de méritos publicaranse así mesmo na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. 9.- CUALIFICACIÓN FINAL A cualificación final das probas virá determinada pola suma das puntuacións obtidas nas fases de concurso e de oposición, sempre que se teña alcanzada na fase de oposición a puntuación mínima necesaria para considerala superada, establecendo para estes efectos a orde definitiva de aspirantes seleccionados. En caso de empate na puntuación final, o desempate resolverase a favor do/a aspirante que obtivese maior puntuación na fase de oposición. De non ser iso suficiente, o empate resolverase a favor de aquel candidato/a que acredite maior experiencia profesional. 10. - PROPOSTA DE CONTRATACIÓN. O/a Presidente/a do Tribunal, á vista da lista de aspirantes seleccionados, formulará proposta de contratación ante o Sr. Alcalde-Presidente, sen que esta poida superar o número de prazas convocadas. As propostas de selección que contraveñan este límite serán nulas de pleno dereito. A citada proposta publicarase na sede electrónica e no Taboleiro de Edictos do Concello. Establecerase unha lista de reserva co resto dos/das aspirantes que tiveran superado o proceso selectivo, por rigoroso orde de puntuación para cubrir as vacantes que se poidan producir antes da sinatura do contrato ou durante o prazo de duración do mesmo. A elección do substituto, no seu caso, virá condicionada ao cumprimento de tódolos requisitos establecidos na base 2ª das presentes. A lista de reserva o será exclusivamente aos efectos de cobertura de renuncias en relación coa contratación vinculada ao proceso selectivo obxecto destas bases, non outorgando aos integrantes da mesma dereito algún en relación a outros procesos de contratación. 15 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo 11.- PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN. No prazo de 5 días naturais contados a partir do día seguinte da publicación da proposta de selección no taboleiro de Edictos (prazo que poderá ampliarse cando os seleccionados acrediten que non puideron presentar algún documentos por causas alleas á súa vontade), o/a aspirante proposto/a polo Tribunal deberá presentar no Rexistro do Concello a documentación acreditativa dos requisitos expresados na Base 2: - O apartado e) mediante a presentación de Certificado Médico para o efecto. - Os apartados f) e g) con declaración xurada. Igualmente aportarase fotocopia da tarxeta da Seguridade Social e número de conta bancaria. Se dentro do prazo indicado, salvo causa de forza maior, o/a aspirante non presentase a documentación ou do exame da mesma se infira que carece dalgún dos requisitos relacionados na Base 2ª, non poderá ser contratado e perderá tódolos seus dereitos, sen prexuízo das responsabilidades en que houbese podido incorrer. 12.- RESOLUCIÓN E CONTRATACIÓN . Á vista da proposta do Tribunal e constatado que os/as aspirantes acreditaron os requisitos esixidos para acceder as prazas que se convocan, o Alcalde resolverá o procedemento selectivo decidindo a contratación como persoal laboral na modalidade de contrato de relevo. Ata que non se formalice o contrato, o/a aspirante proposto/a non terá dereito a percibir cantidade económica algunha. 13.- DEREITO SUPLETORIO E XURISDICIÓN. O Tribunal poderá resolver as dúbidas que se presenten e tomar os acordos necesarios para o bo desenvolvemento do proceso selectivo. No non sinalado nas presentes bases, estarase ao establecido na normativa básica sobre selección de persoal ao servizo da Administración Local e demais normas que resulten de aplicación, estándose aos órganos competentes da Xurisdición Contencioso-Administrativa para dirimir as controversias que se produzan na aplicación destas. 14.- RECURSOS. Contra a resolución, que é definitiva en vía administrativa e pola que se aproban as bases desta convocatoria poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o Sr. Alcalde-Presidente do Concello de Burela, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación segundo o previsto nestas bases ou directamente recurso contencioso administrativo, ante o Xulgado do Contencioso Administrativo de Lugo, no prazo de dous meses e na forma prevista na Lexislación reguladora de dita Xurisdición, sen prexuízo de que poida interpoñer calquera outro que estime procedente. ANEXO I Temario 1.- A Constitución Española de 1978: Estrutura e contido esencial. Os dereitos fundamentais. 2.- O municipio. A organización municipal. Órganos necesarios e complementarios 3.-. O persoal ao servizo das Corporacións locais. O persoal laboral 4.- Maquinaria e ferramentas máis empregadas polas brigadas de obras: albanelería, electricidade, carpintería, xardinería, fontanería, limpeza. Características e aplicacións. 5.- Obra de fábrica de materiais cerámicos: formas de tamaños dos ladrillos, tipos de aparellos. 6.- Cementos; auga, áridos e aditivos; morteiro: composición e clases de morteiro. 7.- Formigóns: dosificación, propiedades, en masa, armado, moldeado; preparación e posta en obra. 8.- Iluminados públicos: Materiais, utilidades e medios, canleado, báculo, brazos, proteccións. 9.- Revestimento de paramentos continuos: enfoscados, guarnecidos, revocos; revestimento de paramentos descontinuos: alicatados. 10.- Lei 31/1995, de 8 de novembro, de prevención de riscos laborais: dereitos e obrigas. Burela, 28 de septembro de 2016.- O Alcalde. Alfredo Llano García R. 2979 16 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo CASTRO DE REI Anuncio DECRETO DE ALCALDÍA Nº 407/2016 DELEGACIÓN DE FUNCIÓNS DA ALCALDÍA D. Francisco Javier Balado Teijeiro, Alcalde-Presidente do Concello de Castro de Rei (Lugo). Visto que a alcaldía non vai poder exercer as atribucións que lle corresponden por ausencia do termo municipal durante o período 30 de setembro de 2.016 dende as trece horas ata o 7 de outubro de 2016 ás vintetrés horas, por motivos persoais. En base ao disposto polos artigos 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e 44 e 47 do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais, aprobado polo Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, e a atribución que me confire o artigo 21.1. a), r) da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. RESOLVO: 1. Delegar as funcións e atribucións propias da Alcaldía na persoa de D. Roberto Lorenzo Fernández, Primeiro Tenente da Alcaldía, no período comprendido entre o 30 de setembro de 2.016 dende as trece horas ata o 7 de outubro de 2016 ás vintetrés horas. 2. Durante este período de substitución, a citada persoa exercerá as funcións e atribucións delegadas a título de Alcalde por Delegación. 3. No suposto de producirse a vacante, ausencia ou enfermidade da anteriormente indicada persoa, as referidas funcións pasarían automaticamente ás demais Tenencias da Alcaldía, segundo a súa orde de nomeamento, e nas mesmas condicións establecidas na parte dispositiva deste decreto. 4. No suposto que o abaixo asinante alcalde se reincorporase ás súas funcións antes de transcorrer o período expresado no apartado número un da parte resolutiva deste decreto, a presente delegación quedaría automaticamente revocada. 5. Dar conta ao Pleno da presente Resolución na primeira sesión que este órgano celebre. 6. Dispor a publicación do presente Decreto no Boletín Oficial da Provincia. 7. Notificar este Decreto ao 1º Tenente de Alcalde deste Concello. En Castro de Rei, a 21 de setembro de 2016. R. 2980 LUGO Anuncio A Xunta de Goberno Local en sesión celebrada o 28 de setembro de 2016, adoptou o acordo núm. 14/627 CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE CONSERVACIÓN, MANTEMENTO E REPARACIÓN DE PAVIMENTACIÓN, MOBILIARIO E SINALIZACIÓN VERTICAL DA REDE VIARIA MUNICIPAL (PLAN MELLORA LUGO 2016) (EXP. REF. 22-2016). DESISTENCIA DO PROCEDEMENTO. MODIFICACIÓN E APROBACIÓN DOS PREGOS DE CONDICIÓNS TÉCNICAS E DE CLÁUSULAS ADMINISTRATIVAS PARTICULARES E NOVA APERTURA DO PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN. Por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación conforme as seguintes características: 1.- Entidade adxudicadora. a) Organismo: Excmo. Concello de Lugo. b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación, Patrimonio e Fomento. 2.- Obxecto do contrato. a) Descrición do obxecto: É a prestación do servizo de mantemento e reparación de pavimentación, mobiliario e sinalización vertical da rede viaria municipal (Plan mellora Lugo 2016) contribuíndo á creación e mantemento do emprego dentro do Plan mellora Lugo 2016. 3.- Tramitación, procedemento e forma de adxudicación. a) Tramitación: ordinaria b) Procedemento: aberto 17 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo 4.- Tipo de licitación: . O valor estimado do contrato ascende á cantidade de 70.247,93 euros, polo que tendo en conta o IVE (21%) – 14.752,07 euros - o prezo máximo do contrato será de 85.000 euros, IVE incluído. 5.- Garantías: definitiva 5% do importe de adxudicación, excluído o IVE. 6. Condiciones especiais de execución: Obtención de documentación e información. a) Entidade: Concello de Lugo, Servizo de Contratación e Patrimonio. b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197. c) Localidade e c.p.: Lugo, 27002 d) Teléfonos: (982) 29-73-01, 29-71-45. e) Telefax: (982) 29-72-59. f) Dirección internet: www.lugo.gal (perfil do contratante) g) Data límite de obtención de documentos e información: Ata o remate do prazo de presentación de proposicións. 7.- Requisitos específicos do contratista. a) Outros requisitos: Os sinalados no prego de condicións 8.- Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación. a) Data límite de presentación: O prazo de presentación de proposicións será de quince días naturais contados dende a publicación do anuncio de licitación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. b) Documentación que hai que presentar: A que figura na cláusula décima do prego de condicións. c) Lugar de presentación: 1ª Entidade: Concello de Lugo, Oficina de Rexistro ou ben nos lugares establecidos no prego de condicións. 2ª Domicilio: Ronda da Muralla, 197 3ª Localidade e c.p.: Lugo, 27002 9.- Apertura das ofertas. a) Entidade: Concello de Lugo b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197 (3ª Planta) c) Localidade: Lugo d) Data: ó segundo día natural ó remate do prazo de presentación de proposicións. Se dito día coincidise en sábado ou festivo a apertura realizarase ó seguinte día hábil. O devandito prazo ampliarase, no caso de ser necesario, ata o undécimo día, no suposto de recibirse regulamentariamente o aviso de presentación das proposicións por correo. 10.- Outras informacións: As que se recollen no prego de condicións. 11.- Gastos dos anuncios: 64,74 euros que serán por conta do Concello. Lugo, 29 de setembro de 2016.- A ALCALDESA, P.D. TENENTA-ALCALDE DA AREA (Decreto nº 16005312) Ana Prieto Nieto R. 2981 MONTERROSO Anuncio PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO 2016 Polo pleno do Concello de Monterroso en sesión ordinaria celebrada o día 28 de setembro de 2016, aprobouse inicialmente o Plan Económico Financeiro para o exercicio 2.016 , en cumprimento do disposto no art.169.1 do R.D. Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e disposicións concordantes, exponse ó público na Secretaría deste Concello, polo prazo de quince días hábiles -que empezará a contarse dende o seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia-, a fin de que durante o mesmo poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales serán dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente deste Concello. 18 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo Monterroso, 30 de setembro de 2016.- O ALCALDE, Jesús Otero Calvo R. 2982 Anuncio Aprobado polo Pleno desta Corporación o expediente de modificación de créditos ( créditos extraordinarios) num. 19 de 2016 financiado con remanente de tesoureria para gastos xerais e con anulacións de créditos, dentro do vixente Orzamento municipal, por un importe de oitenta mil oitenta euros con cincuenta céntimos (80.080,50), en cumprimiento ó disposto no artígo 177.2 en relación co art. 169.1 do R.D.L. 2/2004, de 05 de marzo, exponse o público, polo prazo de quince días hábiles, na Secretaría deste Concello, a fin de que durante o mesmo, que comezará a contarse dende o día seguinte ó da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da Provincia, poidan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, as cales deberán ser dirixidas o Sr. Alcalde-Presidente deste Concello. Monterroso, 30 de setembro de 2016.- O alcalde, Jesús Otero Calvo R. 2983 OUROL Anuncio EXPOSICIÓN AO PÚBLICO A Xunta de Goberno Local do Concello de Ourol en sesión ordinaria celebrada o día 13 de setembro de 2016, prestou aprobación inicial ao Padrón fiscal correspondente ao mes de AGOSTO de 2016 do Servizo de Axuda no Fogar nas modalidades de dependencia e libre concorrencia por importe de tres mil trescentos noventa e oito euros con corenta e sete céntimos (3.398,47 €). Consonte ao disposto no artigo 102.3 da Lei xeral tributaria, por medio do presente ponse en coñecemento dos contribuíntes obrigados ao pagamento do prezo público, que dispoñen dun prazo de 15 días, contados a partir da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, ao obxecto de que poidan ser examinados e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, entendéndose elevados a definitivos se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación. Así mesmo, e de conformidade con artigo 253.1 da Lei xeral tributaria, poderán interpoñer recurso de reposición perante o Sr. Alcalde–Presidente, no prazo dun mes, que comezará a contar dende o día seguinte ao do remate do período voluntario de pagamento. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición que no seu caso se formule, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e nos prazos que a tal efecto se establecen na Lei Reguladora da referida xurisdición. Non obstante, poderán interpoñer calquera outro recurso que consideren oportuno. ANUNCIO DE COBRANZA Para o cobramento dos mesmos, os contribuíntes que teñan domiciliados os recibos, estes seranlles adebedados nas contas bancarias respectivas. Para os demais contribuíntes os recibos poranse á súa disposición nas oficinas municipais para efectuar o pago. A presente publicación, nos dous supostos, de edicto de exposición ao público do padrón e anuncio de cobranza en fase voluntaria, ten o carácter de notificación colectiva, ao abeiro do establecido no artigo 102 da referida Lei xeral tributaria. Ourol, 27 de setembro de 2016.- O Alcalde, José Luis Pajón Camba R. 2984 OUTEIRO DE REI Anuncio A cobranza en período voluntario do imposto sobre vehículos de tracción mecánica, correspondente ó actual exercicio, terá lugar neste Municipio, nas oficinas da Caixa Rural Galega, dende o día un (1) de Outubro ó trinta (30) de Novembro do 2.016. 19 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo Transcurrido o prazo sinalado, todolos contribuíntes que non tivesen satisfeitos os seus débitos, quedarán incursos no procedemento de apremio, con recargo e costes correspondentes, segundo o establecido no Regulamento Xeral de Recaudación. Outeiro de Rei, 01 outubro de 2.016.- O Alcalde, José Pardo Lombao. R. 2985 RIBAS DE SIL Anuncio Aprobado por Decreto da Alcaldía de data 26/09/2016 o padrón da taxa polo Servizo de axuda no fogar do mes de agosto de 2016 (Dependencia); por medio do presente expónse ao público por prazo de 15 días, contados a partir do día seguinte ó da súa inserción no BOP ao obxecto de que poida ser examinado e presentar as reclamacións que estimen pertinentes, considerándose definitivamente aprobado se, transcorrido o prazo de exposición pública, non se formulara ningunha reclamación contra o mesmo. Contra o acordo de aprobación do devandito padrón poderá interpoñerse recurso de reposición ante o propio alcalde polo prazo de un mes, contado dende o día inmediato seguinte ó de finalización do período de exposición ó público. Contra a resolución expresa ou presunta do recurso de reposición poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo na forma e prazos que a tal efecto se establecen na Lei reguladora da referida xurisdición. O mesmo tempo establecese un período de cobranza en fase de ingreso voluntario de dous meses. Transcorrido o prazo de pago en período voluntario, iniciarase o período executivo nos termos dos artigos 26 e 28 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria; procedéndose a súa recadación pola vía administrativa de constrinximento, a través do Servizo de Recadación da Deputación de Lugo de acordo co establecido no artigo 161 da devandita Lei. A presente publicación, no suposto de exposición ó público do padrón e anuncio de cobranza, ten o carácter de notificación colectiva ó amparo do establecido no artigo 102.3 da Lei Xeral Tributaria. Ribas do Sil, 27 de setembro de 2016.- O alcalde, Miguel Angel Sotuela Vega R. 2986 ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA XULGADO DO SOCIAL N.º 22 DE MADRID Anuncio CEDULA DE NOTIFICACION Dña. ANA MARIA OLALLA DEL OLMO LETRADO/A DE LA ADMÓN. DE JUSTICIA DEL Juzgado de lo Social nº 22 de Madrid, HAGO SABER: Que en la ejecución 124/2016 de este juzgado de lo Social, seguido a instancia de D. PEDRO GALO KUTAITONG frente a FOGASA y OUTSOURCING OF CLEANING SERVICES MADRID SL sobre Ejecución de títulos judiciales se ha dictado Auto de ejecución cuya parte dispositiva es del siguiente tenor literal: ACUERDO: 1.- Despachar orden general de ejecución de la sentencia de fecha 26-5-2016 a favor de la parte ejecutante, D. PEDRO GALO VERA KUTAITONG, frente a la demandada OUTSOURCING OF CLEANING SERVICES MADRID SL, parte ejecutada, por un principal de 24.449,79 €, más 1.222 € y 2.445 € de intereses y costas calculados provisionalmente, sin perjuicio de su posterior liquidación. 2.- Dar audiencia al Fondo de Garantía Salarial y a la parte actora para que en el plazo de QUINCE DIAS puedan designar las existencia de nuevos bienes susceptibles de traba, advirtiéndoles que de no ser así se procederá a dictar decreto de insolvencia provisional en la presente ejecución. Notifíquese la presente resolución a las partes. MODO DE IMPUGNACION.- Mediante recurso de REPOSICION ante este Juzgado dentro de los TRES días hábiles siguientes al de su notificación, en el que además de alegar las posibles infracciones en que hubiere incurrido la resolución, podrá deducirse oposición en los términos previstos en el art. 239.4 LJS., debiendo el recurrente que no sea trabajador beneficiario del Régimen de la Seguridad social ingresar la cantidad de 25 Euros en la cuenta de este Juzgado abierta en la Entidad BANCO DE SANTANDER 2387-0000-64-0788-15. 20 Núm. 233 – Lunes, 10 de Octubre de 2016 B.O.P de Lugo Así, por éste su Auto, lo acuerda, manda y firma, la Ilma. Sra. Magistrada - Juez Y para que sirva de NOTIFICACIÓN EN LEGAL FORMA a OUTSOURCING OF CLEANING SERVICES MADRID SL , en ignorado paradero, expido el presente para su inserción en el Boletin Oficial de la Provincia de LUGO. Se advierte al destinatario que las siguientes comunicaciones se harán fijando copia de la resolución o de la cédula en la oficina judicial, por el medio establecido al efecto ,salvo las que revistan la forma de auto, sentencia o decretos que pongan fin al procedimiento o resuelvan un incidente o se trate de emplazamiento. En Madrid , a veintitrés de septiembre de dos mil dieciséis.- EL/LA LETRADO/A DE LA ADMÓN. DE JUSTICIA R. 2987 MINISTERIO DE AGRICULTURA, ALIMENTACIÓN E MEDIO AMBIENTE CONFEDERACIÓN HIDROGRÁFICA DO MIÑO-SIL. COMISARÍA DE AUGAS Anuncio INFORMACIÓN PÚBLICA EXPEDIENTE DE VERTIDO DE AGUAS RESIDUALES. EXPEDIENTE: V/27/01000 PETICIONARIO: María Isabel Rodríguez Fernández VERTIDO DENOMINACIÓN: Vivienda en Camporrairo LOCALIDAD: Camporrairo, 6 Canaval (San Pedro) TÉRM. MUNICIPAL : Sober PROVINCIA: Lugo RÍO/CUENCA : Cabe/Cabe El vertido cuya autorización se solicita corresponde a las aguas residuales urbanas de "Vivienda en Camporrairo" - "María Isabel Rodríguez Fernández", con un volumen máximo anual de 372,00 m3. Las instalaciones de depuración constan básicamente de los siguientes elementos: - Separador de grasas. - Fosa séptica con filtro biológico. - Arqueta de reparto. - Pozo filtrante. Lo que se hace público para general conocimiento, por un plazo de TREINTA DÍAS, contados a partir del siguiente a la fecha de publicación del presente anuncio en el Boletín Oficial de la Provincia de Lugo, a fin de que los que se consideren perjudicados con lo solicitado, puedan presentar sus reclamaciones en la Confederación Hidrográfica del Miño-Sil durante el plazo indicado. El expediente de vertido estará de manifiesto en las Oficinas de esta Comisaría de Aguas en Lugo (Ronda da Muralla, 131, 2º). EL JEFE DE SERVICIO, Manuel Rodríguez López R. 2988 Signature Not Verified Asinado por: BOLETIN OFICIAL DA PROVINCIA DE LUGO Data: 10.10.2016 08:00:00 CEST Razón: Localización: España
© Copyright 2024