El Progreso A Chaira cumpre 10 anos e celebrámolo cun concurso

BASES DO CONCURSO FOTOGRÁFICO ‘IMPRESIÓNS DA CHAIRA’
El Progreso A Chaira, con motivo do seu décimo aniversario, convoca o concurso de fotografía
“Impresións da Chaira”
1. TEMÁTICA
As fotografías deben recoller paisaxes, lugares, festas ou eventos que sexan representativos dos concellos que
cubre o suplemento A Chaira: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Meira, Muras, A Pastoriza, Pol,
Ribeira de Piquín, Vilalba, Xermade e As Pontes. Cada foto poderá acompañarse dun pequeno texto explicativo.
2. PRAZOS
O prazo de recepción das fotos iníciase o luns 9 de maio e finalizará o mércores 25 de maio ás 24:00 horas.
3. PARTICIPANTES
As persoas que desexen participar deberano facer enviando as fotografías ao correo electrónico
[email protected]
Poderán participar todas as personas físicas que o desexen.
A participación no concurso implica o recoñecemento expreso da autoría do remitente ou, no seu caso,
que conta co consentimento do autor, e que as persoas que aparecen nelas están de acordo coa súa publicación nas diferentes accións de difusión e promoción. El Progreso non se fai responsable das posibles reclamacións por terceiros sobre a autoría das imaxes.
El Progreso resérvase o dereito a rexeitar aqueles participantes que non aporten todos os datos esixidos.
Os participantes deberán reseñar:
Datos completos do autor: nome, enderezo e teléfono de contacto.
Data e lugar nos que se fixo a fotografía.
4. FOTOGRAFÍAS
Cada autor poderá presentar un máximo de 5 fotografías.
As obras poderán ser en cor ou en branco e negro, en formato dixital (arquivo JPG) e de 3 MB como máximo.
Está permitido o retoque global das fotografías, pero non se poderá engadir ou eliminar elementos que
modifiquen a composición orixinal. En caso de dúbida, e como comprobación, poderase esixir o arquivo
orixinal.
5. PREMIOS
O premio para o traballo gañador será unha estancia dunha noite para dúas persoas, incluíndo cea,
almorzo e acceso ao circuíto termal no Hotel balneario de Guitiriz.
6. COMPOSICIÓN DO XURADO
O xurado estará integrado por tres persoas: dous expertos en fotografía e un xornalista de El Progreso.
O seu fallo será inapelable.
7. DEREITOS DE AUTOR
Os concursantes recoñecen e aceptan expresamente que coas fotografías e as imaxes entregadas como
consecuencia da súa participación no concurso se produce unha cesión dos dereitos de explotación a favor de
El Progreso sobre ditas fotografías e imaxes, polo máximo período de tempo previsto na lexislación de propiedade intelectual, sin limitación territorial algunha e para a súa reprodución, distribución, comunicación pública
e transformación a través de calquera soporte e/ou medio, entre outros, a través dos medios de comunicación
titularidade do Grupo El Progreso. Todo o anterior, sen que supoña pago de contraprestación algunha aos
titulares das fotografías e, en todo caso, xunto coa fotografía farase sempre mención ao autor da mesma.
8. BASES
Os concursantes responsabilízanse de que non existan dereitos de terceiros nas obras presentadas.
A participación no certame implica a total aceptación e conformidade co disposto nas súas bases.
Calquera imprevisto non incluído nas bases resolverase polo xurado de forma inapelable.
El Progreso resérvase o dereito a modificar, interromper ou suspender este concurso sen que poida
derivarse responsabilidade algunha para a empresa.