Posta en marcha curso de SOLIDWORKS II con saída

Santiago de Compostela, 25 de Setembro do 2015
Circular 19/15
Asunto: Curso “SOLIDWORKS II. Estrutura soldada e Modelizado de chapa”
Estimad@s colexiad@s:
De acordo coas necesidades manifestadas polos asistentes ao curso de
SOLIDWORKS feito en Abril, presentamos un novo curso de “SOLIDWORKS”, de 25
horas de duración, co obxectivo principal de que o alumnado poida ampliar os seus
coñecementos relacionados co uso desta potente e importante aplicación informática.
A impartición do curso referido no asunto correrá a cargo de D. Miguel Abad
Sabarís da prestixiosa empresa “Easyworks”. Á finalización do mesmo, o
alumnado obterá o correspondente Diploma acreditativo.
A partir da data referida no encabezado, ábrese o PRAZO DE INSCRICIÓN
nesta actividade para, una vez recibidas un mínimo de (20) solicitudes, proceder a súa
posta en marcha. Pídovos que realicedes a inscrición coa maior celeridade posible,
dado que esta farase por rigoroso orden de confirmación(*).
(*)
Terán preferencia @s colexiad@s que realizaron o anterior curso de SolidWorks. Non
obstante, as prazas que quedasen vacantes poderán ser cubertas por novas inscricións.
Como de costume, e respectando a vosa preferencia de que o curso se realice
en horario “compatible” coa actividade profesional, acordamos as seguintes datas e
horarios:
Denominación do curso
Duración
SOLIDWORKS
25 h
Temporalización
16, 17, 24, 30 e 31 de
Outubro + 6 de
Novembro
O horario sería o seguinte:
- Venres: 18:00 h a 22:00 h
- Sábados: 10:00 h a 14:00 h
- Sábado 31: 9:00 h a 14:00 h
25 horas
Lugar de impartición
COETI-Santiago
No tocante ao aspecto económico, a achega será:
- Colexiad@s: 75 €.
- Colexiad@s en situación de desemprego: 55 € (previa xustificación
da situación de desempregad@).
- Para profesionais de outros colectivos: 150 €.
¡¡Esta actividade está subvencionada polo Colexio para @s seus colexiad@s!!.
Inscrición:
Tfno.: 981 59 14 72
Correo_e: [email protected]
NOTAS:
1. Ao inicio do curso farase entrega da correspondente documentación.
2. O remate do curso “Easyworks” fará entrega do correspondente
certificado como empresa oficial distribuidora de Solidworks en Galicia.
3. Xúntase á presente o programa formativo.
Quedando á túa disposición, recibe un cordial saúdo.
Asdo.: Manuel López López
Coordinador de Formación
NOTAS: 1.- Os asistentes deberán traer o seu portátil con unha das últimas versións
instaladas de Solidworks (imprescindible). Easyworks ofrécese a instalarnos
gratuitamente unha licenza oficial para poder traballar durante un mes e así
practicar as actividades do curso. Daquela deberemos traer os nosos equipos
uns días antes e deixalos na Sede Colexial para que o técnico de Easyworks
poda facer persoalmente a instalación.
2.- Existe a posibilidade de realizar algunhas horas tutorizadas a distancia para a
realización de exercicios prácticos (previo acordo co ponente).
PROGRAMA FORMATIVO
1. MIEMBROS ESTRUCTURALES. ESTRUCTURA SOLDADA
1. MIEMBROS ESTRUCTURALES
Miembros estructurales. Perfiles predefinidos. Obtención de perfiles. Librerías.
Ubicación de archivos. Grupos. Tratamiento de esquinas. Recortes y uniones.
Chapas. Cordones de soldadura. Simetrías. Cartelas y tapas.
2. TRABAJAR CON ESTRUCTURA SOLDADA
Subconjuntos. Componentes no estructurales. Guardado de elementos cómo piezas
independientes. Operaciones de mecanizado posteriores.
3. GESTIÓN DE LISTAS DE CORTES
Listas. Globos. Edición. Propiedades personalizadas.
4. PLANOS DE PIEZAS SOLDADAS
Vistas de dibujo. Vistas de cortes individuales. Tablas. Globos.
5. TUBOS
Trabajar con tubos. Croquis 3D. Miembros estructurales en ensamblajes.
2. MODELADO DE PIEZAS DE CHAPA METÁLICA
6. MODELADO DE PIEZAS DE CHAPA METÁLICA
Conceptos básicos. Procedimiento de modelado. Tablas. Propiedades de piezas de
chapa. Barra de herramientas. Brida base. Bridas a inglete. Bridas de arista. Ángulos
de pliegue. Pestañas.
7. DESPLEGADO DE CHAPA Y PLANOS DE CHAPA METÁLICA
8. HERRAMIENTAS DE CONFORMAR CHAPA
Conformar chapa. Herramientas estándar. Crear herramientas personalizadas.
9. OTRAS OPERACIONES DE CHAPA PLEGADA
Aristas de esquina. Bridas de arista. Bridas de arista curvadas. Esquinas cerradas.
Dobladillos. Diseño en plano. Pliegue croquizado. Doble pliegue. Redondeos y
simetrías. Desahogo manual. Romper esquina.
10. PLIEGUES RECUBIERTOS
Pliegues recubiertos. Desviación de pliegue.
11. CONVERSIÓN DE PIEZAS A CHAPA METÁLICA
Conversión a chapa metálica. Conversión en contexto. Reconocimiento de pliegues. Importación.
Operaciones de rasgado e insertar pliegues. Agregar esquinas de soldadura. Desenrollar conos y cilindros.
NOTA: Aparte de traballar con CHAPA e PEZAS SOLDADAS, tamén se
aproveitará para repasar conceptos básicos de modelado e, si da tempo,
algo de “Simulation”.