NOITE DAS PEPITAS FESTA DE GALICIA DE INTERESE TURÍSTICO NOITE DAS PEPITAS SAÚDA DO ALCALDE 19 DE MARZO DE 2015 festa de galicia de interese turístico PROGRAMA 17:00 h. Teatro Jofre Acto Institucional 18:00 h. Praza de Galicia Concentración das Roldas 19:00 h. Roldas polas rúas da cidade 20:30 a 23:00 h. Praza de Amboaxe Actuación das Roldas Un ano máis estamos desexoso de revivir unha tradición tan nosa como son As Pepitas, unha festa singularmente propia desta cidade que forma parte da nosa identidade como pobo. As nosas rúas énchense de novo de música e de cantigas para enxalzar a beleza e a figura da muller ferrolá; e as mandolinas, guitarras, laúdes e trobadores animan coas súas roldas unha celebración única con máis dun século de historia que, entre todos, fomos quen de manter viva e de conseguir o seu recoñecemento como Festa de Galicia de Interese Turístico. Somos un pobo aberto, plural e hospita- lario, que sempre gozou da música e das cantigas. Proba diso son as rondallas, as corais e as demais agrupacións musicais que proliferan en Ferrol; e que son as principais responsables da conservación dun acontecemento tan exclusivamente noso como o das Pepitas. Pola nosa banda, como representantes públicos estamos obrigados a garantir non soamente o mantemento desta festa senón tamén a súa promoción e difusión. Neste sentido, coido que a participación dos ferroláns e ferrolás nun evento que senten seu, unida a vitalidade das rondallas e a xusta declaración de festa de interese autonómico confirman que o Día das Pepitas seguirá sendo por moitos anos unha data especial e singular no noso calendario. Como alcalde garanto, pois, o apoio do Concello de Ferrol a esta celebración tan arraigada e querida por todos nós. Aproveito estas liñas para animar a todo o mundo a que celebre con ledicia esta popular xornada en que, unha vez máis, as rúas da nosa cidade estarán cheas de música e de xente renovando unha tradición moi nosa. E é que en Ferrol, de sempre, cántase moito e ben. ¡Longa vida ás Pepitas! José Manuel Rey Varela Alcalde de Ferrol 3 HOMENAXEADOS 2015 RONDALLISTA DE HONRA RONDALLISTA DE HONRA maNUEL PARDAVILA LÓPEZ PEDRO PAZ FREIRE Nace no ano 1943 no barrio de Canido (Ferrol). Aos oito anos comeza a súa andadura da man do Pai Fanego no Coro dos Irmáns da Salle da Escola Obreira de Bazán ata o ano 1958. No ano 1976 ingresa no Real Coro Toxos e Froles, deixa á devandita agrupación no ano 1980. Ingresa na “Rondalla Añoranzas”, no ano 1989 e tamén pasa a formar parte da Coral Polifónica no ano 1998, compaxinando as dúas agrupacións. No ano 2006 abandona a Coral Polifónica e continúa na “Rondalla Añoranzas” na corda de barítonos baixos ata a actualidade. Nace en Ferrol no ano 1961. No ano 1989 ingresa na “Rondalla Añoranzas” de Ferrol, desde entón vén desenvolvendo o seu labor ininterrompidamente como barítono, deleitándose coas Noites das Pepitas e a canción ferrolá. Son veinticinco anos dedicados á agrupación e á canción tradicional de Ferrol. RONDALLISTA DE HONRA maNUEL ARRIBE LAMAS dunha nova formación no ano 1989, a “Rondalla do Club de Campo de Ferrol”. Foi aí onde, baixo a dirección de José M. Couce Fraguela, desenvolveu a súa faceta artística musical como tenor 1º, ininterrompidamente ata o día de hoxe. Natural de Ferrol e nacido o 15 de novembro de 1946, comezou a súa andaina na fermosa tradición Ferrolá das roldas, formando parte duns ilusionados integrantes MENCIÓN ESPECIAL JUAN HERNÁNDEZ MARTÍNEZ Nace no ano 1940 en Águilas (Murcia). Aos cinco anos de idade comezou a estudar solfexo na Escola Municipal de Música en Águilas, na provincia de Murcia. Os métodos de H. Eslava, “El Progreso Musical” e “Solfeo de los solfeos”, comezou coa frauta con bos profesores do devandito instrumento. Por concurso-oposición gañou a praza de músico de 3ª clase da Armada, con destino no Terzo Norte de Infantería de Mariña. En Ferrol incorporouse como fundador da Agrupación Armonía, co Mestre Malde, e pasou a ser director desta desde os anos 1965 ao 1967. En 1968, por concurso-oposición, gañou unh praza de sarxento músico de 2ª Clase da Armada, e foi destinado ao Terzo Norte de Infantería de Mariña. Desde os anos 1980 ao 2010, dirixiu a coral do Centro de Maiores de Caixa Galicia en Pontedeume. No ano 1981, fundou a Coral de Maiores de Caixa Galicia en Ferrol, e dirixiuna ata o 2014. Desde 1985 foi profesor de música na parroquia de Santa Icía, formando a Coral Polifónica Sta. Icía no ano 1994. Entre os anos 1991 e 1994, foi profesor de frauta na Escola de Música do Concello de Narón. No ano 1983 foi fundador da “Rondalla Añoranzas”, e dirixiuna ata setembro do presente ano, cando por causas físicas tivo que causar baixa, tanto na “Rondalla Añoranzas”, como na Coral de Maiores de Caixa Galicia. Ten na actualidad máis de cento cincuenta títulos (habaneras, valses, canción popular e do cancioneiro popular ferrolán, e setenta dedicados á noite das Pepitas. Máis do 30% compostas polo titular e o resto, recompiladas de persoas na maioría xa falecidas. ROLDAS PARTICIPANTES RONDALL A AÑORANZAS Madriña: Lorena Horjales Rodríguez Presidente: Ricardo González Sedes Director: Pascual Montesinos Orts Compoñentes: 42 “Añoranzas” nace no barrio ferrolán de Esteiro, en marzo do ano 1944, organizada por Juanito Yáñez, sendo presidente de honra D. Francisco de la Cruz Lacacci. O propósito da súa fundación foi continuar a tradición de roldar a muller ferrolá na Noite das Pepitas, véspera de San Xosé. Tras unha paréntese na súa actividade, xorde de novo no ano 1952. Conta a agrupación nesta segunda presentación con 86 compoñentes, e así é a máis numerosa que se lembra en Ferrol. Outra nova etapa comeza en 1959. Na Noite das Pepitas do ano 1962 sae de rolda á rúa Armonía de Añoranzas de Esteiro. E xa en xaneiro do ano 1983 un grupo de veteranos das roldas encabezados por Reyes Yáñez, sobriño do fundador; ante o abandono que sofre a canción ferrolá en xeral e, en particular, na Noite das Pepitas, deciden reactivar a actividade da vella rolda. A Noite das Pepitas dese mesmo ano, baixo a dirección musical de Juan Hernández, preséntanse na praza de Armas co pasacalles Rondadores; a danza “Rosa de Abril” e o valse “Madrigalesca”. Ante a aceptación do público deciden continuar, co propósito de fomentar a canción ferrolá; res- catando do esquecemento vellas partituras, algunhas delas do século XIX, e así ata hoxe. Participando con esta, en trinta e dous edicións consecutivas da Noite das Pepitas, o que supón unha marca na historia desta celebración. Divulgou a canción ferrolá por toda a xeografía galega, asturiana e rioxana. Participou en programas de televisión (TVG, TVE en Galicia), FITUR 2008, así como na “Fiesta del Bollo” en Avilés, actuación conxunta coa Banda da Casa Real, así como a actuación para a reinauguración do Teatro Jofre, coa presencia das S.S. M.M. os Reis de España. No ano 2012 actuou no Festival de Habaneras no Carballiño e no Festival de Habaneras 2013 de Narón entre outros. Todo isto, cun único propósito: Que non desapareza unha parte do noso patrimonio cultural, como é a chamada “canción ferrolá”. No mes de abril do 2012, previas eleccións, foi nomeado Presidente desta agrupación artística don Ricardo González Sedes, que continúa no seu segundo mandato. En setembro do ano 2014 toma o relevo como director desta agrupación don Pascual Montesinos Orts en lugar de don Juan Hernández Martínez. 15 AGRUPACIÓN ARTÍSTICA FERROLANA Madriña infantil: Mª Teresa Ramos-Yzquierdo Garat BOHEMIOS Madriña: María A. Álvarez Porto Presidente: Carlos López Pedreira Director: José Miguel Calabuig Juan Compoñentes: 40 Bohemios nace en Ferrol a finais de 1988 como resposta á iniciativa dun grupo de nove amigos amantes das vellas tradicións do seu pobo. Así, a comezos de xaneiro de 1989, inician os seus ensaios para pór en marcha este proxecto, facendo o seu debut como rolda o 18 de marzo de 1989 na Noite das Pepitas e constituíndose formalmente no mes seguinte como Agrupación Artística Ferrolá “Bohemios”. Co paso do tempo, a proxección musical do colectivo traspasou as fronteiras ferrolás, coñecén- doselle dentro e fóra do territorio nacional grazas ao rigoroso traballo desenvolvido ao longo do seu xa dilatada traxectoria. Na actualidade, a agrupación está formada por 40 compoñentes, vinte e cinco voces masculinas distribuídas en tenores primeiros, tenores segundos, barítonos e baixos, e catorce músicos: guitarras, requinta, guitarra baixa, laúdes, bandurras, mandolinas, teclado. Transcorreron xa 25 anos desde que este grupo de amigos decidise formalizarse como agrupación e iniciar un labor musical ininterrompida até a actualidade. Non só abordaron o folclore ferrolán senón que, paralelamente, dedicáronse a difundir o cancioneiro galego, ademais de música lírica e lixeira. Dentro das distincións recibidas por esta agrupación destaca a concesión polo pleno celebrado no Excmo. Concello de Ferrol, o día 26 de decembro de 2013, da Insignia de Ouro da Cidade, polo seu 25 aniversario e pola destacada contribución e divulgación da música tradicional ferrolá, que lles foi entregada o día 7 de xaneiro de 2014 con motivo da festividade de San Xiao Patrón de Ferrol. Fóra de Galicia, levaron a súa música con gran éxito por toda a xeografía nacional e realizaron concertos en Portugal. Bohemios continúan hoxe mirando ao futuro tendo como proxecto máis inmediato, ademais das actuacións comprometidas, o proceso de preparación do que será o seu novo traballo discográfico. 17 R O N D A L L A CLUB DE CAMPO Madriña: Mª Carmen García Fraga Presidente: Álvaro Sánchez Gilsanz Director: José M. Couce Fraguela Compoñentes: 40 Dende o momento da súa fundación no 1986, a “Rondalla Club de Campo”, dirixida dende o seu inicio por José Manuel Couce Fraguela, loitou por poñer en valor a canción ferrolá e a tradición da festa musical máis importante de Ferrol, a Noite das Pepitas. E todo do mellor xeito que saben facelo cada un dos seus corenta compoñentes, entre voces e instrumentos, cantando. Tamén, incorporando ao acervo cultural da cidade pezas de nova creación froito da inspiración de poetas galegos tan notables coma González Tosar, García Bodaño, Pedro Blancollano, Blanco Campaña, Alfredo Conde, Xavier Alcalá, Ramiro Fonte… Coa canción ferrolá e galega, zarzuelas, habaneras ou folclore sudamericano, percorreron a xeografía galega e asturiana ou exerceron coma embaixadores de Ferrol na cidade das Palmas de Gran Canaria. Por outra banda, a “Rondalla Club de Campo” tamén levou a cabo cun gran éxito diversas actuacións en TVE ou TVG. Así mesmo, a agrupación ten gravado varios discos cos seus temas, coma o último titulado “Tradición y savia nueva 2010” en colaboración coa Deputación da Coruña. Por último, conseguiron que algunhas das súas cancións coma “Olliños de mel” ou a famosa “Nas ondas do mar” se convertesen en cancións populares entre o pobo ferrolán. A publicación do libro “19862011 25º Aniversario Rondalla CMI Club de Campo”, escrito por Pedro X. Blancollano, ofrece un percorrido pola historia desta agrupación e un estudo acerca das orixes e a historia da singular Festa das Pepitas. 19 R O N D A L L A SONIDOS DEL ALBA Madriña: Rosa Martínez Beceiro Presidente: Eduardo Fernández López Director: David Sanmartín González Compoñentes: 35 Madriña infantil: Enma Fraga Rico A rolda “Sonidos del Alba” foi creada no ano 1997 por un grupo de mozos, que atraídos pola música tradicional ferrolá decidiron participar na Noite das Pepitas, logo de roldar un ano antes pola súa conta no Concello de Mugardos. Cumprida a maioria de idade, esta rolda participa na Rede Cultural da Deputación da Coruña e no programa “Ferrol Escena” do Concello de Ferrol, levando así, a sua música por todas as asociacións da cidade e polos Concellos da nosa provincia. Forma parte do Comité organizador da Noite das Pepitas e ao longo da súa existencia estivo sempre á procura de promocionar esta tradición fora da nosa cidade, conseguindo así, os méritos necesarios para que na actuali- dade esta tradición sexa de Interese Turístico Rexional. Trinta e cinco voces e instrumentos, baixo a dirección de David Sanmartín cantan versos do seu letrista César Pita Trinquete, roldando as Pepitas e cantando vals, danzas, habaneras e temas populares coñecidos por todos os amantes da música tradicional. 21 R O N D A L L A TROVADORES DE ARES Madriña: Beatriz Pita Seijo Presidente: Ángel Barreiro Rey Director: Leovigildo Illobre Toimil Compoñentes: 35 Ainda que se fundou para participar nas Pepitas, a “Rondalla Trovadores de Ares” remonta a súa existencia ao ano 1950, con Julio Varela coma director. A entidade permaneceu, sen embargo, un longo período de tempo sen actividade, e retomouse de novo en 1980 baixo a dirección de Antonio Illobre. As actuacións dende entón son incontables por toda a bisbarra ferrolá, prestando especial atención ao día de San Xosé, percorrendo as rúas da Vila de Ares así como as parroquias do concello. Un dos actos mais especiais e o día de presentación da madriña, que este ano é Beatriz Pita Seijo. A partir do ano 2008, a rolda deu a coñecer as súas cancións por toda a xeografía galega (Miño, Coruña, Cerceda…) culminando no ano 2009 coa actuación en Lugo con motivo das festas de San Froilán e no 2010 en Meira. Na actualidade, a entidade que preside Ángel Barreiro Rey, conta con 35 integrantes dirixidos por Leovigildo Illobre Toimil. Ata o momento, a “Asociación Cultural Rondalla Trovadores de Ares” ten gravados tres discos con distintos temas do seu variado repertorio (valses, danzas, habaneras, boleros, pasodobres, sambas, muiñeiras, cancións mariñeiras, mazurcas, panxo- liñas…). Participa no circuíto cultural da Deputación da Coruña, intercambiando actuacións con tódas as entidades musicais da provincia. 23 RONDALL A MUGARDESA Madriña: Mª José Martínez Fernández Presidente: Leonardo García Ponte Director: Fco. Javier Sancho Ribero Compoñentes: 31 Tras un longo período sen actividade de roldas na nosa Real Vila, e grazas ao entusiasmo dun grupo formado por simpatizantes e antigos compoñentes da Asociación Artística “Trovo del Alba”, extinguida no ano 1976, constitúese en 1990 a “Rondalla Mugardesa” coa finalidade de rescatar a tradición que dende moi antigo existe en Ferrol e comarca, onde Mugardos tivo sempre unha destacada presenza, cabe sinalar que a primeira rolda, formada na vila, “Náufragos de Mugardos” data do ano 1912. Dende entón participa en todolos actos da comarca en que se conmemora a Festa das Pepitas e tradicionalmente rolda as rúas da vila durante a tarde-noite da véspera ata o mediodía do día de San Xosé, prestándolle unha atención especial á muller mugardesa, ampliando as súas actuacións ás parroquias de Franza, O Seixo e San Xoán de Piñeiro coa colaboración do Concello e das sociedades das ditas parroquias. Asiste cada ano aos actos que se celebran en Ferrol. Participa anualmente no Certame de Roldas que organiza o Concello en colaboración co Casino Mugardés, onde interpretan todo tipo de cancións, vivíndose unha xornada de convivencia entre todos os membros das agrupacións. No ano 2000 é galardoada coa mención “Rondalla del año” pola “Sociedad Artística Ferrolana”. En 2001 constitúese en asociación sen ánimo de lucro pasando a denominarse: “Agrupación Artística Cultural Rondalla Mugardesa”. Dende entón participa cada ano no Programa de Música para Grupos non Profesionais que organiza a Deputación, actúa no ámbito da provincia de Coruña (Ferrol, Ortigueira, Cee, As Pontes) e noutras localidades galegas como Vigo ou Tui. Esta agrupación conta cunha Escola de Punteo onde se forman instrumentistas de guitarra, laúde e bandurra. Dende a súa fundación, recibe a colaboración da Aula de Cultura do Concello, Industriais da Vila, particulares e, sobre todo, co inestimable apoio de Cofradía de Pescadores e Mariscadoras de San Telmo. 25 AGRUPACIÓN ARTÍSTICA LUCERO DEL ALBA Madriña: Sabela Roade Bellas Presidente: Julio Bellas Seselle Director: Ángel Carro Guzmán Compoñentes: 52 A “Agrupación Artística Lucero del Alba” fundouse no ano 1965 na vila de Neda. Dende a súa orixe pasou por distintas etapas na súa configuración ata chegar aos 52 compoñentes, entre voces e instrumentistas, que a forman na actualidade. Ao longo da súa dilatada traxectoria actuou nos máis diversos lugares da xeografía galega. No seu repertorio se inclúe unha ampla selección de temas, dende pasodobres ata boleros, pasando por habaneras, panxoliñas, música galega, zarzuelas, valses, danzas, cancións mexicanas, temas relixiosos… “Lucero del Alba” é unha das roldas que leva máis tempo participando na Noite das Pepitas. Participa habitualmente no Festival de Habaneras da Co- ruña e organiza cada ano o Festival da Canción Mariñeira en Neda. Acompañou á Xove Banda de Narón e tamén á Banda do Terzo Norte. O seu repertorio está recollido en diversas gravacións, a última delas é a realizada no ano 2014 baixo o título “Con todo el corazón”. O obxectivo de “Lucero del Alba” é que a xente goce coas súas cancións. No ano 2010 foi galardonada coa Medalla de Ouro do Concello de Neda. Ese mesmo ano celebrou os seus 45 anos de vida musical. O director da “Agrupación Artística Lucero del Alba” é Ángel Carro Guzmán. Preside a agrupacion Julio Bellas Seselle. A madriña do 2015 é Sabela Roade Bellas. 27 RONDALLA DE CARIÑO Madriña: María Garrote Díaz Presidente: Antonio Fustes Novo Director: Mª Luisa Novo Fraguela Compoñentes: 38 A “Rondalla de Cariño” foi constituída no ano 1995. Por medio de intercambios con outros grupos, inclusión nos circuítos culturais da Xunta e en programas doutros concellos, a entidade ten actuado en numerosas festas e actos de toda a xeografía galega. Entre eles poden destacarse a actuación no Teatro Rosalía de Castro da Coruña, no Colexio Peleteiro en Santiago de Compostela, no Teatro Principal de Vigo, a “Festa dos Maiores” en Curtis, o “Magosto” en Ares, festivais de panxoliñas, coma no Festival de Panxoliñas de Vigo, festivais de roldas e música de corda, coma o “Festival de Rondallas e Música de Corda” de Ourense, “Festival de Habaneras” na Coruña, ou na “Noite das Pepitas” de Ferrol. Tamén tivo actuacións fóra de Galicia. No verán de 2006 actúa en Cáceres no “Día do emigrante”, e en Benidorm. No 2007 en Sevilla, invitada polo “Lar Galego”. No 2010 en Xixón e no 2012 en Madrid, con motivo do Día da Patria Galega. Tres aparicións na Televisión de Galicia, nos programas “Luar”, “Desde Galicia para el mundo” e “A Solaina”. A “Rondalla de Cariño” organiza, todos os anos, un concerto de fin de curso do alumnado da Escola de Guitarra, un Concerto de Nadal e un concerto de roldas con invitación a outros grupos. O seu repertorio inclúe música tradicional galega, valses, boleros, pasodobres, danzas, salsa e música clásica. Dende hai uns anos solicítanse moito as suas actuacións na celebración de vodas, para as que ten compostas dúas marchas nupciais. 29 CANCIONEIRO Rondall a Añoranzas AL PIE DE TU VENTANA (Vals - 1956) Letra: Seijo Elicechea Música: Gumersindo Leira Siendo testigo la luna de nuestro rondar nocturno esperando que el diurno bañe con claridad Mientras que la doncellita entregada esta a su sueño sin saber que ya su dueño le dedica este cantar… Al pie de tu ventana pepita la luz brilla su claridad sencilla de reflejo nupcial refleja en los cristales con gran anhelo porque la luz del cielo es espiritual… Muy clara está la noche cuantas estrellas mundo de cosas bellas que hablan del amor ya en el cielo se encienden tantos luceros que son los mensajeros de tu explendor. Mientras que la doncellita… ILUSIÓN DE AMOR (Danza - 1958) M. Farto - F. Sarachaga Como una gaviota cansada en su vuelo al no encontrar su nido 32 a la orilla del mar. Ferrol se ha vestido envuelto en un velo hecho con la ténue luz de su lunar. Las olas le acarician cantándole amores, la luna en su juego le dice al cantar y la espuma finge guirnaldas de amores que dejan la costa como ante un altar. - ESTRIBILLO Altar, donde tú mujer linda y gentil ferrolana reinas como soberana sobre espuma, luna y flor. Cuando anuncie el rosicler con sus luces la mañana aún rondará tu ventana un humilde trovador. - FINAL Un humilde trovador... agrupación artística ferrolana bohemios PAÑUELITO DE SEDA (Danza) Letra: Juan Caruncho Rodríguez Música: José Miguel Calabuig Juan Luna inquieta de luz serena y cálida que coqueta te mirás en el mar ven y alumbra su balcón, su ventana en silencio al compás de mi cantar Pañuelito que hoy me sirves de página en que puse cien palabras de amor poemilla con retazos del alma dale besos que no puedo darle yo Delicioso vuelo de mi sueño al llegar hasta tu almohada y al sentir tu quedo respirar presentí que tu también me soñabas MUJER FERROLANA (Pasacalles - 1985) Letra e música: Juan Fernández Noche grande tiempo de romanzas frenesí de enamorada para ti será mi respirar mi vivir que tanto yo deseaba A ti, mujer ferrolana te venimos a cantar y con bellas melodias te queremos felicitar El recuerdo de rincones de fábula como aquellos del viejo capitol viene a darnos sentimientos que cantan al amor y aquel viejo nuestro Ferrol La Rondalla Añoranzas con la mayor ilusión cantamos en esta noche como es la tradición a las mujeres más bellas que son las de nuestro Ferrol. Noche grande tiempo de romanzas frenesí de enamorada para ti será mi respirar presentí que me soñabas tu también. FLOR Y CANCIÓN -IEres mi noche romántica, eres mi anhelo y mi ensoñación. dime, sin lástimas, que también soy tu gran pasión. - II Quiero ser luz en tu lámpara, suave susurro en tu habitación. dime, sin lástimas, que mi amor vive en tu amor. - ESTRIBILLO Flor y canción, amor y mar es el candor de tu mirar todo mi empeño soñar…y sueño… pétalo y tallo brisa y sal - III Besos, nostalgias y lágrimas, son el panel de mi inspiración. niña romántica musa eterna de mi canción - IV Quiero ser luz en tu lámpara, suave susurro en tu habitación. dime, sin lástimas, que mi amor vive en tu amor. - ESTRIBILLO Flor y canción, amor y mar es el candor de tu mirar todo mi empeño soñar…y sueño… pétalo y tallo brisa y sal. 33 R o n d a l l a CLUB DE CAMPO OLLIÑOS DE MEL (Danza, 1992) Letra: Luís González Tosar Música: Xosé Luís Blanco Campaña Arranxos: Xosé Manuel Couce Fraguela Para Fina da Silva de Sixto con arrecentos caribeños e sal do seu Ferrol Canto te poñas diante do mar bruando inmenso non teñas medo, non teñas medo, porque ti levas dentro a estrela que gravaches no teu longo destino de soños caribeños, os horizontes amplos aló na Habana abertos e uns olliños de mel con ferrolano acento. Olliños de mel, muller sen igual noites do Ferrol de Cuba un cantar. Olliños de mel de doce mirar amor ferrolá que agardando está. Cando o teu canto brote ó ritmo dos lamentos, non teñas medo, non teñas medo. Cando do porto saian as velas coma berros, acórdate daquela que fala polo vento. E pon na túa nostalxia con luces de silencio uns olliños de mel agardando regresos, uns olliños de mel de ferrolanos ecos. Olliños de mel… PASARRÚAS DAS PEPITAS (PEPITAS 2015) Letra: Pedro X. Blancollano Música: Xosé Manuel Couce Fraguela 34 Paseando polas rúas de Ferrol Nosa rolda vai deixando no aire sons de cancións que lle dedica a unha muller ferrolá, por máis sinais, o meu querer. Por debaixo de xanelas e balcóns os cantores destilan versos de amor e as rapazas asomadas aos maineis agasállanos con pétalos de mel. Ferrolá ti que me escoitas e que gustas do meu canto non deixes de regalarme coa visión dos teus encantos. A rolda do Club de Campo a ti te ven a cantar para levarche a ledicia desta festa sen igual. É a festa das Pepitas de Ferrol a mellor de todas as celebracións, onde os bicos saborosos a bombón se agasallan coma se fose unha flor. Entre fitas de mil cores e cancións, con acordes dende a prima ata o bordón, ¡que esta rolda nunca deixa de roldar nesta noite de festa para soñar! TROVA NOCHERA (Vals, 2007) Letra: Enrique España Taboada Música: Xosé Manuel Couce Fraguela En la quietud ambiente de esta noche serena velando está tu sueño una trova nochera Yo sé que adormecida, Sintiendo amor por mí, estás viendo la imagen del que hoy trova por ti. Y ciñéndote el talle con dulce frenesí, con besos y caricias te embelesa feliz. No rompas con el sueño si te sientes feliz. No rompas con el sueño si te sientes feliz y al despertar recuerda lo que siento por ti. Te arrulla con canciones, ¡Oh! Bello serafín, envolviendo tu cuerpo con flor en serpentín. Te habla con gran ternura, custodia tu sosiego y viendo tu hermosura te ofrece amor eterno. R o n d a l l a sonidos DEl alba HOY SERÁS VERSO Y CANCIÓN (Danza) Letra: César Pita Trinquete Música: David Sanmartín -IPorque eres ferrolana porque te llamas Pepita hoy serás del cantar cita en la fiesta ciudadana. Porque de la primavera eres la flor más hermosa hoy serás divina diosa que en la noche se venera. - II Porque eres ferrolana porque te llamas Pepita hoy serás musa que incita mil cantos en tu ventana. Porque traes al presente los arraigos del pasado hoy serás gloria y legado de tu ciudad y tu gente. - ESTRIBILLOS -IHoy serás verso y canción cuando la ronda te aclame y con su canto reclame tu figura en el balcón... Hoy serás verso y canción con la ronda en tu presencia porque eres la esencia de la antigua tradición. - II Hoy serás verso y canción cuando la ronda cantora en la ciudad que te adora te muestre su devoción. Hoy serás verso y canción y la ronda en tu memoria guardará para la historia tu nombre en el corazón. FERROL SE VUELVE CANCIÓN (Vals) Letra: César Pita Trinquete Música: Raúl Almandós Mendía En Ferrol los rondadores con sus capas adornadas de escarapelas bordadas y cintas de mil colores. Van cantando sus amores a las Pepitas queridas que en visitas consentidas aguardan en los balcones para oir en las canciones promesas correspondidas. En Ferrol los rondadores con líricas melodías de sonoras eufonías y versos ensoñadores. Van cantando a sus amores cuando la ronda galante que lleva la pasión amante al pie de la enamorada que en el balcón asomada escucha su dulce cante. - ESTRIBILLO Ferrol se vuelve canción cada año en primavera cuando la ciudad espera revivir su tradición. Ferrol se vuelve canción en sus calles alineadas con notas acompasadas de amorosa concepción. Ferrol se vuelve canción cuando la rondalla suena por toda la Magdalena entre balcón y balcón. Ferrol se vuelve canción en su rondar ciudadano desde Amboage a Galiano desde Canido al Cantón. 35 R o n d a l l a TROVADORES DE ARES Corazón (2ª vez) trovador. - FINAL Un amante corazón. Rondall a MUGARDESA CLAVE LÍRICA SERENATA (Danza a las Pepitas - 1980) J. Mª. Pérez Parallé – Fdez. Pareja -ILa brisa trae rumores De noche en primavera La luna reverbera Un cántico en la mar. Pepita, es un nocturno, De tierna serenata, Que en armonía grata Te viene a despertar. - II Si escuchas el latido, De suave melodía, Es el amor que ansía Esclavo ser de ti. Recíbelo en tu pecho, El corazón palpita, Acógelo Pepita, Pues sueña estar así. - ESTRIBILLO En la luz nocturnal Ha surgido Una hendecha de amor, Que ráuda vuela Al conjuro De vella ilusión. En azul musical Ha prendido Frase galana, En tu ventana De un amante 36 (Vals - 1967) Letra: José María Pérez Parallé Música: Juan Hernández Martínez -IEn la clave nocturnosa beso de luna galana una rondalla desgrana el azul de una ilusión que en la brisa rumorosa armonía sutil hecha verso, requiebro y endecha enflorece tu balcón. - II De la clave trovadora un suspiro vuela ardiente y hasta ti llega oferente en el aura nocturnal y cuando el alba canora extienda su melodía la rondalla, amor te envía en un brindis musical. - III Pepita adorada clavel del vergel ferrolano ¡oh novia soñada! en esta noche feliz embrujada de arpegios de amor escucha gozosa floral, madrigal cortesano de lirio y de rosa eterno poema en la voz ansiosa de tu fiel cantor de tu fiel cantor. TROVO DEL ALBA (Danza - 1959) Letra: Jesús Cartelle Cancela Música: Antonio Cartelle Vilasánchez Yo quisiera en tus labios dejar, de los míos el dulce sabor como hoy dejo en tu reja un altar de suspiros y arrullos de amor. Quien pudiera realmente volver a vivir y a sentirte mi bien, como anoche en un sueño he creído habías henchido de besos mi sien. - ESTRIBILLO Pepita, una rosa que has prendido en mi corazón no la eches al olvido del riego de tu ilusión. Sin tu aliento, se consume su perfume y su color, sin el mirar de tus ojos siento enojo pobre flor. Te lo suplica en el alba con un trovo tu amador. FLOR SUTIL (Vals - 2011) Letra: Santiago Vázquez Tizón Música: Francisco J. Sancho Ribero -IEl cielo está bordando su manto de plata y marfil recogida en tierno cáliz, duerme la flor sutil. - II Los plácidos luceros, se posan en tu ventana, velando el sueño feliz de mi rosa lozana, que, en brazos de la ilusión entrega su corazón. - ESTRIBILLO Despierta niña del sueño ilusionado, y oye el canto emocionado, que te brinda tu amador, la melodía de su alma enternecida, que hoy suspira, Pepita por tu amor. Final: Por gozar tu dulce amor - III Si al escuchar mi queja, te sientes enamorada, en tus ojos quiero ver una tierna mirada, y la esperanza de ser por siempre tu querer. Al estribillo... 37 agrupación artística LUCERO DEL ALBA ROMANCÍA (Vals) Letra: José Mª. Pérez Paralle Música: Fausto Cansado Viene del alba del río, y en la voz del ruiseñor, entre arpegios del rocío noturnal; en el cáliz de la flor, y es, Pepita madrigal de la ronda del amor. Viene de la verde fronda, pentagrama vegetal, y es en la noche de ronda, la canción, que deja tu ventanal, Oh Pepita, la emoción de un romance pasional. Y vibran, Pepita, las cuerdas, y tiemblan las voces de los rondadores; sonríe la luna y te besa en la noche; la ronda suspira secretos amores. 38 TROVA (Danza) Letra: José Mª. Pérez Paralle Música: Fausto Cansado -ICuando del Belelle, la rima galana, llegue a tu ventana diciéndote amor; es la voz Pepita, que surge del río, es Fernando Esquío, tu fiel trovador. - II Cuando de la noche la trova soñada, llegue a tu morada brindándote amor; es la voz, Pepita, de tus trovadores, envuelta en rumores de verso y de flor. - III Un hálito inquieto de música y seda, se extiende por Neda en ansias de amar; Susurro, caricia, noturno, embeleso de luna y de beso, se vuelve cantar. Rondall a DE cariño LA MAGNOLIA (Danza, 1906) Letra: Ángel Fernández Torres Música: J. Bretóns -ITú eres la idea que adquiere vida tú eres la dicha tu la ilusión, tú eres Pepita quien nos transforma con la ternura de tu candor. ( Bis ) Somos nosotros hojas vagando al soplo leve de tu desdén, somos incendio de tu mirada somos las sombras de tu querer. Eres Pepita nínfa dormida tienes por lago la oscuridad tienes por ondas las del ropaje que ahora tu cuerpo cubriendo está. NOCTURNO (Vals, 1965) F. Sarachaga / M. Farto Llena está la luna Dama del nocturno Que vive el misterio de la oscuridad Como ella, ninguna conoce su turno Pepita la luna es felicidad Manojo de estrellas Reflejos de plata Que llegan airosos a tu habitación Son mil cosas bellas Ruegos, serenatas, sentir armonioso de una humilde canción Pepita, bella Pepita Muñequita ferrolana Graciosa, fresca, lozana Como una rosa de Abril Para ti son nuestros cantos Son para ti, oh Pepita. - II Somos nosotros los que en las sombras turban tu sueño por ver lucir unos destellos de tu mirada, para decirte que séas feliz. ( Bis ) Somos nosotros hojas vagando Al soplo leve de tu desdén Sómos incencio de tu mirada Somos la sombra de tu querer Eres Pepita nínfa dormida Tienes por lago la oscuridad Tienes por ondas las del ropaje Que ahora tu cuerpo cubriendo está. Que ahora tu cuerpo cubriendo está... 39 NOITE DAS PEPITAS ÍNDICE PROGRAMA SAÚDA DO ALCALDE HOMENAXEADOS 2015 ROLDAS PARTICIPANTES Rondalla Añoranzas Agrupación Artística Ferrolana Bohemios Rondalla Club de Campo Rondalla Sonidos del Alba Rondalla Trovadores de Ares Rondalla Mugardesa Agrupación Artística Lucero del Alba Rondalla de Cariño CANCIONEIRO ÍNDICE 2 3 5 13 14 16 18 20 22 24 26 28 31 40 EDITA: Concello de Ferrol
© Copyright 2024